30 de junio de 2009

Nova do El Progreso ( pag. 9 )

La Xunta apunta al PXOM como salida para legalizar los edificios de Lodeiro

Nova da Voz de Galicia

Aja acusa a Roel de usurpar soluciones planteadas en su día por el PP para legalizar los pisos

Nova da Voz de Galicia

La Xunta se compromete a buscar solución administrativa para Lodeiro

Nota informativa

A Asociación de veciños/as “ O Lodeiro comunica que a concentración prevista para o mércores día 1 se pospón ata o día 15 de xullo a petición daqueles veciños que residen fora e mostran interés en participar neste acto revindicativo.

COMUNICADO

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro comunica que da reunión mantida, o pasado luns día 29 de xuño, co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, podemos extraer as seguintes conclusións:
1.- O Sr. Conselleiro e a Secretaria Xeral mostráronse moi receptivos á hora de expoñerlles a situación de inxustiza social que estamos a vivir e mostraron todo o seu apoio de cara a poñer todos os medios necesarios para tentar buscar unha solución. Foron moi cautos no sentido de deixar moi claro que dende a Consellería se fará todo o que estea nas súa mans sempre e cando entre dentro das súas competencias e se axuste á legalidade.
2.- Manifestaron o seu compromiso de axilizar todos os trámites necesarios para tratar modificar o tipo de edificabilidade na zona sempre que se axuste á legalidade. Neste punto non deixaron de incidir que este tipo de solución administrativas non modifican a situación xurídica na que nos atopamos (existe unha sentencia firme de derribo).
3.- O Sr. Conselleiro insistíu en que a solución máis segura de cara a unha posible legalización e que servira de argumento ante inexecutabilidade da sentencia, sería a aprobación definitiva do PXOM. De ahí a importancia de que se elabore no menor tempo posible e axustado á nomativa legal vixente de cara a que a súa aprobación definitiva non atope ningún obstáculo por motivos de non axustarse á normativa vixente.
4.- Dende a Consellería comprometéronse a non poñer ningún obstáculo ás propostas de solución que se lles fagan chegar dende o Concello de Viveiro, sempre e cando etén dentro da legalidade, para tentar buscar unha solución na vía administrativa á nosa situación.
5.- No que respecta ó auto do Tribunal Supremo polo que se impugna unha sentencia do TSXG pola que se anulaba a modificación puntual das normas subsidiarias ( modificación publicada no DOG en agosto de 2004), manifestaron que hai que ser moi prudentes antes de ver unha solución por esta vía. Dende a Consellería manifestaron que non tiñan coñecemento destas últimas noticias agás polo aparecido na prensa. A Asociación aportou, respecto a este punto, documentación que puidese esclarecer esta situación. Nin o Sr.Conselleiro nin a Secretaria Xeral se mostraron partidarios de crear falsas expectativas de solución por esta vía aínda que adquiriron o compromiso de estudiar con detalle a documentación e unha vez se inste dende o Concello a realizar algún tipo de modificación se estudiaría dende a Consellería a posibilidade de facelo.

26 de junio de 2009

Nota informativa

En reunión mantida, o venres día 26 de xuño, entre o Alcalde de Viveiro e os/as presidentes/as das 8 comunidades de veciños de Lodeiro e Río dos Foles e a Presidenta da Asociación de Veciños O Lodeiro, se nos fai entrega dunha copia do Auto do Tribunal Supremo polo que se admite a trámite o recurso de Casación interposto polo Concello de Viveiro contra a sentencia que estima o recurso contencioso administrativo interposto por Tomás Galdo contra a Orden da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de 27 de agosto de 2004 pola que se aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Viveiro nas áreas calificadas coa ordenanza residencial mixta. Esa sentencia, de 19 de xuño de 2008, anulaba polo tanto a mencionada Orde de Modificación Puntual das Normas Subsidiarias.
Así mesmo, o Alcalde informou que coa admisión a trámite do recurso de casación interposto en nome do Concello de Viveiro, cabe a posibilidade de realizar un levantamento parcial das normas provisionais (Decreto autómico 102/2006, de 22 de xuño) naquelas zonas calificadas coa ordenanza residencial mixta entre as que se atopa entre outras a zona de Lodeiro.

25 de junio de 2009

Nova da Cope da Costa

EL LUNES LOS VECINOS DE LODEIRO SON RECIBIDOS EN LA XUNTA

Comentario feito por un cidadá, cidadán a esta nova :

Pues sinceramente el tono de las declaraciones realizadas por esta portavoz no es nada "conciliador" ni mucho menos "agradecida
o" con la posición de la Xunta que les va a recibir. Aunque la frase final sea algo más positiva.

Yo creo que estos vecinos tienen razón para estar nerviosos cuando de ello depende el futuro de sus hogares, pero deberían tener claro que la culpa no está en aquellas administraciones que quizá puedan hacer algo para solucionarlo, a diferencia del Alcalde que está de manos cruzadas ante una situación de la que el también es en gran medida responsable.

Nova da Voz de Galicia

Los vecinos de Lodeiro expondrán su situación al conselleiro Agustín Hernández en la reunión, el día 29

11 de junio de 2009

NOTA INFORMATIVA

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro comunica que despois de case dous meses de ter enviado unha carta ó Presidente da Xunta de Galicia, a Presidenta da Asociación foi convocada a unha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. A esta xuntanza, da que está por confirmar a data e máis a hora, asistirán a Presidenta da Asociación acompañada de tres membros máis da Xunta Directiva. Queremos recordar que O Presidente da Xunta de Galicia adquirira libremente o compromiso de recibir a unha representación dos afectados de Lodeiro nun mitin que tivo lugar o día 20 de Febreiro de 2009 na localidade de Viveiro dentro campaña electoral ás eleccións da Xunta de Galicia. Dous meses despois daquela data , o 20 de abril de 2009, e xa sendo o Sr. Nuñez Feijóo o novo presidente da Xunta de Galicia, se lle remitíu unha carta recordándolle o compromiso adquirido de recibirnos xunto coa persoa responsable de urbanismo co fin de buscar unha solución á nosa situación. Hoxe, case dous meses despois de remitir aquela carta o compromiso adquirido por parte do Presidente da Xunta de Galicia vaise a facer efectivo e temos depositadas todas as nosas esperanzas na súa colaboración e o seu apoio na resolución do gravísimo problema que nos afecta.

6 de junio de 2009

Proxecto " As realidades urbanas"

O Proxecto denominado “As realidades urbanas” enmárcase no Programa de actividades previstas a desenvolver por parte da Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro.
O obxectivo principal deste proxecto é o de crear un espazo de análise e reflexión sobre as actuacións político-económicas realizadas por aquelas persoas que decidiron que a nosa paisaxe urbana actual sexa o que é.
A Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro, partindo da realidade urbana que nos tocou vivir e nacendo co propósito de que esa realidade sexa irrepetible para calquera outra persoa, pretende levar a cabo un proxecto que tentaría desenvolverse ó longo de catro anos e a través do que se pretende visualizar a realidade urbana e ambiental do Concello de Viveiro dende as orixes coñecidas ata os nosos días, a através da realización e exposición dunha serie de maquetas que estuden esa realidade.
Somos conscientes de que se trata dun proxecto complexo e moi ambicioso pero confiamos na colaboración e apoio por parte das diferentes administracións para o seu financiamento así como na implicación non só d@s nos@s asociad@s senón de calquera cidadán/dá interesado/a no mesmo para que este proxecto poda levarse a cabo.
Animamos a que calquera persoa interesada en participar no mesmo se poña en contacto coa Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro.



4 de junio de 2009

Escoita o poema " habitando O Lodeiro" coa voz do autor

Poema

Habitando O Lodeiro

Maio ferido de morte.
Tirado no chan, Lodeiro
sangra sobre o campo verde.
Todo o mar está en silencio
como velando o tormento.
O flanco resplandecente dunha pala
elévase contra potente disco solar;
perversa e asasina, revólvese flotando
como unha xirándula de chispas.
Detrás e de lonxe,
onde se asenta a vila,
o frontón da praza móstrase ensombrecido,
esculpido en lamentos fosilizados
nun espiral de azares sen fortuna.
Un vento espido e rizado
transborda o gusto a mar ata a xeada dos balcóns,
encandecendo a mirada gris de xentes e lugares,
penados e outras sombras,
flores raras, cores derrubadas
dos edificios quedos sobre as pálpebras.
Rumor de ouro dunha mañá que se morre soa.

¡Espertade!
¿Estades aí?
Eu tamén soñei ca pólvora nas paredes,
pero tamén un chorro de esperanza
derrámase desde o soño,
é un capricho de fe para desandar o futuro
como un reintegro insólito sen sinais recoñecibles,
só oito edificios en exceso que se enredan no caos.

Fundar un precipicio de luz,
fiestras cegadoras, arquitecturas eternas,
harmónicas e vivas en ciclos e cores.
Fundar oito edificios destilando o espazo,
unha inserción violenta abrindo úlceras sen rastro.

Fogar, sagrado porque é lume,
esencia que funda a vida,
esa paixón da materia na clarividencia dos corpos.

Homes, mulleres, eixes posibles,
acorde espeso da esperanza,
harmonía sen fin da voz comunal
ánimo dos que nacen con promesa perpetua
da nai primeira e última:
o alento da miña casa.

Habitando o Lodeiro evoluciono e glorifico
porque en min,
a miña casa faise consciente e sabia.

¡Rápido, rápido! ¡Solución xa!
¿Que ocorre?
Aproxímase un cataclismo de costas atroces.
Os oito edificios son ardentes feridas no escuro.
Amásase o medo.
Témese ao medo en todo tacto.


José Juan Martínez Ferreiro

Fotos e mural da concentración do dia 3 de xuño 2009










Grazas Montse polas fotos. Tamén aos artistas es persoas que fixerón o mural.

Nova de El Progreso

Lodeiro pide unidad política para evitar la demolición de pisos

Nova da Voz de Galicia

Los vecinos de Lodeiro proclaman su inocencia en un mural gigante

2 de junio de 2009

Los vecinos de Lodeiro volverán a concentrarse mañana e invitan a los artistas a pintar en su mural

Concentración 3 de xuño-2 Concentración 3 de xuño-2 fidi_lodeiro

Comunicado

A Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro comunica que o vindeiro mécores 3 de xuño do 2009 @s veciñ@s do Lodeiro volverán a manifestarse para reclamar solucións e medidas pertinentes para resolver o seu conflicto. A sentenza de derrube das nosas casas mantense sobre as nosas cabezas mentres que aínda hai quen pretende incitarnos a crer que iso non se cumprirá nunca. O único certo a día de hoxe é que a sentenza nos obriga a quedarnos inxustamente sen as nosas casas e non vemos solucións por ningures. Solo sabemos que estamos a adicar o noso tempo e patrimonio económico a unha defensa que ven orixinada polos comportamentos irresponsables e ilegais da política urbana e que nos incita a cuestionarnos sobre a defensa do cidadán polo sistema de dereito establecido legalmente. Facemos unha vez máis un chamamento á participación cidadá pensando que non só é un problema puntual dun número de persoas e edificios, senón que afecta a toda a sociedade na maior ou menor medida na práctica diaria das nosas vidas. Seguiremos realizando o mural pictórico da INOCENCIA, convidando nesta ocasión a tódolos artistas que queiran expresar a mesma con nós, a realizar os seu trazos sobre as nosas taboas. A primeira foi realizada o seis de Maio de xeito espontaneo por veciños e nenos que se atopaban na praza de Pastor Díaz ese día. ¡Todos aqueles que expresen as súas emocións a través da práctica pictórica, están convidados a asistir a este novo acto de concentración en defensa da INOCENCIA!