6 de junio de 2009

Proxecto " As realidades urbanas"

O Proxecto denominado “As realidades urbanas” enmárcase no Programa de actividades previstas a desenvolver por parte da Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro.
O obxectivo principal deste proxecto é o de crear un espazo de análise e reflexión sobre as actuacións político-económicas realizadas por aquelas persoas que decidiron que a nosa paisaxe urbana actual sexa o que é.
A Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro, partindo da realidade urbana que nos tocou vivir e nacendo co propósito de que esa realidade sexa irrepetible para calquera outra persoa, pretende levar a cabo un proxecto que tentaría desenvolverse ó longo de catro anos e a través do que se pretende visualizar a realidade urbana e ambiental do Concello de Viveiro dende as orixes coñecidas ata os nosos días, a através da realización e exposición dunha serie de maquetas que estuden esa realidade.
Somos conscientes de que se trata dun proxecto complexo e moi ambicioso pero confiamos na colaboración e apoio por parte das diferentes administracións para o seu financiamento así como na implicación non só d@s nos@s asociad@s senón de calquera cidadán/dá interesado/a no mesmo para que este proxecto poda levarse a cabo.
Animamos a que calquera persoa interesada en participar no mesmo se poña en contacto coa Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.