16 de julio de 2009

INXUSTIZA

Antes de escomenzar a desenvolver o meu parecer sobre opinións vertidas sobre o caso Lodeiro de Viveiro (que así se coñece dende os medios de comunicación)quixera deixar claro que todo o que exprese é solo responsabilidade miña como individuo .
Levo moito tempo (dende que coñecín a miña situación e a dos meus veciñ@s)asistindo a unha serie de interpretacións, que sempre me sorprenderon pola hipocresía, prepotencia e sentido de falta de respeto a miña intelixencia, e a dos meus veciñ@s, que tiña que ver máis ca obscenidade política que ca realidade de INXUSTIZA que estabamos a sufrir por parte de toda a Administración que sustenta o resorte politico-administrativo dun sistema chamado demócrata e duns partidos que tiñan que velar pola nosa incondicional defensa (porque o noso caso raia no terrorismo institucional), que ca realidade dos feitos.
Eu non me vou a sumar ás voces que consideran a política como algo que sirva para xeneralizar, porque detrás desta xeneralización escondese a manipulación, o trafico de influencias, o favoritismo e toda sarta de ilegalidades amparados no que “como todos fan o mesmo, porqué este non o vai facer”.¡Non señor! A política é unha cousa moi seria que nada ten que ver ca súa práctica, e si non leamos o que di a definición do Dicionario da Real Academia da lingua española, segundo a cal a política é «a ciencia ou a arte de gobernar e dar leis e regulamentos para manter a tranquilidade e seguridade públicas e conservar a orde e os bos costumes>> Non vou a diseccionar a frase nos térmenos que empregan porque creo que o sentido entendese perfectamente.
Teño amigos e coñecidos en tódalas formacións políticas, e no grupo municipal de Viveiro por suposto que tamén. Asistín no último pleno municipal de Viveiro a un acto de responsabilidade (que eu, dentro do sistemas democrático considero de normalidade,algo que non é habitual)e a un esforzo por chegar a acordos que nos deran a posibilidade @s veciñ@s do Lodeiro afectados pola política urbanística de Viveiro a que se abrise un raio de luz entre tanta escuridade e manipulación. Ese exercicio que me consta é sincero e necesario para non manchar un sistema baseado na inocencia dun cidadán, se vapulea, manipula e mesmo se é capaz de mentir, por quén tendo a responsabilidade da situación xenerada intenta desesperadamente variar un acto indefendible na práctica honrada da política, deixando ó seu propio partido e ós compañeiros que foron capaces de facer ese esforzo como insensatos,mentirosos e manipuladores. Si se busca a estratexia de intentar facer ver á opinión pública o falso concepto de que non existe unha sentencia sobre a totalidade dos edificios como si o feito de pasar de ser 118, somos 45, 15 ou 1, pasando por alto as irregularidades ,a mentira, a falsidade de documento público e en definitiva a estafa sobre, inda que solo sexa un cidadán, para paliar a culpabilidade persoal, se está nas antípodas democráticas e fora de calquer mínimo nivel sobre a responsabilidade que un político necesita ter sobre os conceptos básicos de pluralidade, xustiza, limpeza, imparcialidade,…etc e todos os calificativos que deben de velar pola, como di a definición “a tranquilidade e a seguridade públicas”. O silenzo é parte dunha prudencia que non pode ser eterna cando quen ten inicialmente manchadas as mans de inquedanzas, insomnios, preocupacións , tempo,cartos e todo o que nos ocasiona @s veciñ@s de Lodeiro todo este conflito, no que parecíamos ata ben fai pouco os convidados de pedra, ten todavía a desfachatez, a falta de intelixencia, o desprezo cara a nosa intelixencia,sobre o noso cumprimento como cidadáns, o noso cumprimento das leis estritamente, de opinar sobre de cómo unha ilegalidade podería ser menos ilegal si as súas prácticas habituais na política as seguira exercendo do xeito o que estaba acostumado a facer, polo que se deduce dos seus propios argumentos neste caso concreto.
Señor meu, non se trata de un nin de mil, tratase de honradez política, de xustiza política, de velar polos intereses libres dos cidadáns, de coidar o seu patrimonio porque con él están pagando tódalas decisións económicas que vostede tivo que promover polo benestar dos cidadáns, trátase non de sortear a lei senón de cumprila, trátase de ter moralidade e de non crer que os cartos de tódolos viveirenses, se poden empregar en malnomeados gastos dunha representación que a postre resulta máis do mesmo: mal uso da representación política democrática.
Son un afectado particular dunha flagrante inxustiza, que aportou, cando tivo ocasión, o seu grao de area, para vivir nun sistema de liberdades e xustiza igual para todos. A política ten moito camiño que recorrer cara a igualdade cos cidadáns. Moitos pensamos que, si quen comete toda a sarta de irregularidades certificadas pola sentencia xudicial do caso Lodeiro non responde ante a lei como calquer cidadán que a incumpre, estamos a falar de desigualdade ante a xustiza, e dar así a posibilidade a calquer catadura moral de facer e desfacer o seu antollo, amparado nuha inmunidade que nos diferenza ós políticos e ós cidadáns de a pe ante os conceptos de xustiza e igualdade.
Un euro, e un cidadán teñen o mesmo valor público que un millón de euros e 100 cidadáns,e calquer representante público nun estado de dereito democrático ten que velar por eles ca decencia e responsabilidade democrática pola que foi elixido, quén é capáz de comparar a responsabilidade en función dos valores cuánticos dos feitos, tería que responder ante que no elixiu e o estado de dereito, mentres isto non ocorra e os cidadáns non reclamemos a quén nos representa este dereito, os casos “Lodeiro” non solo se seguirán multiplicando en número senón que cada vez afectarán a máis areas sociais.

Pedro Cabarcos Quintela veciño do Lodeiro e condenado a unha sentencia de derribo da súa propiedade, mercada cumprindo cos requisitos legais esixidos,por unha irresponsabilidade política.

Nova da Voz de Galicia

Los vecinos de Lodeiro afectados por la orden de derribo de sus pisos se volvieron a concentrar ayer