30 de enero de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o  día 1 de febreiro ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos, unha vez máis, protestar pola situación  na que nos atopamos, vivindo día a día  pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tuvemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 1  DE FEBREIRO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

8 de enero de 2012

FOTOS

Algunhas fotos da última convocatoria. Para facer as velas voadoras participamos nenos e adultos. A verdade foi moi fermoso ver como  ascendían cara o ceo cheas de luz e os desexos incritos nelas.Estaría moi satisfeito se al menos unha delas chegara ao corazón de quen ten que dedicir sobre o noso futuro.

 Saúdos       xosé ramón

2 de enero de 2012

CONVOCATORIA

    A Asociación de Veciñ@s de Lodeiro convoca novamente ós seus veciños/as á concentración que realizaremos, o día 4 de xaneiro nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro ás 19:00 horas, para seguir reivindicando UN ANO MÁIS a SOLUCIÓN á sentenza de DERRIBO que a Xustiza mantén sobre as nosas casas.
    Neste ano que comeza queremos manifestar unha vez máis a nosa INOCENCIA, e farémolo, nesta ocasión, ca solta de 30 VELAS VOADORAS, que son símbolo dos desexos que todos/as temos para este ano. Neste acto queremos que sexan os nenos e as nenas os/as protagonistas xa que a través deles e da súa ilusión desexamos poder manter a esperanza de que este ano que entra será o definitivo para solucionar o noso problema e o do Concello en xeral. Así mesmo convidamos a todo o pobo de Viveiro para que participe con nós neste acto, na que podrán visualizar o ceo dos Xardíns de Viveiro cheo da luz da nosa XUSTA LOITA CONTRA O DERRIBO DAS NOSAS CASAS.

Para este acto necesitaremos a colaboración de todos/as os/as veciños/as tanto para escribir os nosos desexos coma os dos/das nenos/as, así como para a solta ó espazo dos artefactos voadores.
Indicamos nestas fotos como pode ser o acto:










Lugar: Xardíns Noriega Varela.

Día: 4 de xaneiro de 2012.

Hora: 19:00



4 de diciembre de 2011

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de decembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con  esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de oito anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas,   unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 7 DE DECEMBRO de 2011
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

7 de octubre de 2011

De xentes e de PERSOAS.

             Existen persoas capaces de non ver ás outras. Existen persoas que insisten en mirar para outro lado. Existen persoas ás que lles chega non comprometerse. Existen persoas que solo ven o que teñen diante. Existen persoas que no seu momento co seu silencio fixeron aparecer a esvástica nazi ondeando por toda Europa. Existen persoas que delataron ós que non pensaban coma eles. Existen persoas para quén o veciño é unha incomodidade. Existen persoas que pensan que o mundo está quedo. Tamén as hai que pensan que os dereitos  secuestranse cada catro anos. Que cren que o público lles pertence individualmente. Que a sanidade a paga o político gobernante. Que a educación está en mans de vagos. Existen persoas que solo pensan que traballan elas, que solo sofren por elas, que sempre teñen a razón, ou que nunca se equivocan. Que pensan ¡algo faría!en calquer circunstancia, ou que lles gusta o de : “ ¡ vai facendo! “ . Tamén existen ás que lles gusta mentir , as que non frean ante a avaricia, as que babean polo poder de calquer índole, as que se colan nas filas; aquelas que o mal alleo lles sirve para murmurar. Tamén os hai que dan a paz na igresia ca man ensanguentada, que fan favores para que llos devolvan, que pisan a calquera con tal de chegares o primeiro. Que se ocultan tralas portas cando ven unha inxustiza. As hai que pensan que seres listo é esperar que actuen por un. Existen persoas que non len, por iso nin ven nin escoitan . Existen os que pensan que ler é recoñecer a suma das letras, que non sirve pra nada. Existen os perezosos, os vagos, os indecisos, os silenciosos, os vulgares, os mediocres, os ignorantes, os prepotentes, os insolidarios. Nesta fauna humana á que pertencemos a variedade pode chegar ata o infinito.
            Pola contra, por sorte para os/as veciñas/os do Lodeiro e Río dos Foles, están os que miran de fronte, os comprometidos, aqueles que son capaces de pensar máis aló que un hoxe, os que pertecen á RESISTECIA do totalitarismo. Os que defenderon ós inxustamente inculpados, os que lle abren a porta ó veciño, os que saben que o mundo non se detén, que non son subornables, que saben coidar e respetar  a “ res publica”, que valoran o traballo dos outros, que comparten as traxedias e os problemas,  que escoitan o argumento do outro. Que pensan que unha persoa é inocente mentres non se probe o contrario, que lles gusta respetar a lei inda que non estean de acordo con ela. Son as que lles gusta a verdade, as que son xenerosas, as que o poder lles parece unha perda de tempo, as que respetan o seu turno, as que non falan sin xustificación. As que berran pola paz diante dun carro de combate, ás que os favores lles parecen axudas, as que deixan pasar a calquera diante. Son esas que berran nas rúas contra as inxustizas, as que actuan sin pensar en cantas son. Existen as que len, por iso ven e escoitan. Entenden  e saben que detrás de cada verba está a aprendizaxe. Existen os activos, as traballadoras, os decididos, as que non se calan, os que pensan, as intelixentes, os discretos e as solidarias. Todas/os estas son cas que teño a sorte de compartires a Praza de Pastor Díaz de Viveiro cada primeiro mércores de cada mes, dende fai máis de dous anos, para respostar e berrar moi alto a nosa INDIGNACIÖN e INOCENCIA no caso Lodeiro.
Pero tamén quero recoñecer o silencioso traballo que fai Fidi no noso blog , e tamén, por riba de todos nós existen dúas persoas que son o espíritu de toda esta marea de loita contra a INXUSTIZA. Por iso quero agradecer de corazón a Chus Pernas o seu traballo calado, insistente e tenaz, grazas o que vivimos unha situación administrativa e legal diferente , e tamén á nosa presidenta da asociación Tereixa que foi quén, non solo de saber estar e falar nos momentos necesarios, senon de estar o pé do canón pese as circunstancias personais.
Para elas e para vos que pisamos cada mércores o asfalto da VERDADE unha aperta.
Pedro Cabarcos Quintela. Veciño de Lodeiro. Viveiro 4- 10- 2011