24 de septiembre de 2009

CONVOCATORIA DE REUNIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, a todos os veciños dos 8 bloques de edificios de Lodeiro e Río dos Foles, a unha reunión o día 28 de Setembro ás 21:00 horas no Portal de Cada un dos edificios.
O motivo desta reunión é a de dar a coñecer a iniciativa que se pretende levar a cabo na vindeira concentración do día 7 de outubro co obxectivo de seguir a denunciar a situación de indefensión e desamparo que estamos a vivir e deste xeito sensibilizar e concienciar ó resto da poboación.
Esta iniciativa, que será informada por un representante de cada edificio, necesita da implicación e colaboración do maior número de persoas posibles para poder ser levada a cabo.

A Presidenta

Asdo. Teresa Aguirre

3 de septiembre de 2009

Nova de El Progreso ( pag.9)

Lodeiro recuerda a los vivarienses que su problema sigue sin resolver

Nova da Voz de Galicia

Lodeiro vuelve a clamar justicia

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS/AS O LODEIRO.

As últimas novas das que dispón a Asociación é que dende a Xunta de Galicia, e por declaracións da propia Secretaría Xeral de urbanismo, estase a estudar en profundidade a documentación aportada polo Concello no mes de xullo de cara a poder realizar unha posible modificación da normas provisionais. Dita documentación foi enviada polo Concello con rexistro de saída na data 10/07/09, constando como data de rexistro de entrada na Consellería o día 13/07/09.
A secretaria xeral de urbanismo sigue a reiterarse na postura adoptada na reunión con ela e máis co conselleiro dos membros da Asociación, na que manifestaron tentar poñer todos os medios posibles de cara a unha resolución positiva sempre e cando entre dentro da legalidade.
Da recente conversa telefónica mantida coa Secretaria Xeral podemos concluir:
1º.- Que se está a traballar tanto por parte do Concello como por parte da Xunta de Galicia de cara a buscar posibles solucións administrativas pero a complexidade da situación require de moita cautela e sempre condicionados ós dictames dos equipos xurídicos.
2º.- Así mesmo a secretaria xeral comprometeuse a axilizar ó máximo os trámites necesarios chegando incluso a manifestar que no mesmo momento en que se detectase a falta dalgún tipo de documentación a aportar polo Concello sería requerido a este de maneira inmediata, que é o procedemento habitual, e empregando os medios máis rápidos co fin de non dilatar os tempos de tramitación máis do exclusivamente necesario.
3º.-De ser posible unha modificación da normativa provisional esta non se podería realizar seguramente antes de finais de ano.