6 de febrero de 2013

CONVOCATORIA DA ÚLTIMA CONCENTRACIÓN





A asociación de veciñ@s O Lodeiro invita aos/as cidadáns/as, que durante 4 anos asistiron ás concentracións que se realizaban na Praza de Pastor Díaz de Viveiro todos os primeiros mércores de cada mes, a concentrarse por última vez o 6 de febreiro ás 20 horas no mesmo lugar que pisaron as 48 veces precedentes, para celebrar o triunfo legal da inexecución de derriba que pesaba sobre as nosas vivendas dende hai algo máis de 9 anos.

A todos/as aqueles/as que durante este tempo soportaron a inxustiza, os intentos de manipulación, a indiferenza, a insolidariedade, a mentira e a soidade, e se enfrontaron a ela coa perseveranza, a xustiza e a razón de estar exercendo o dereito de visualizar mércores a mércores a súa protesta, con choiva, con sol , con frío, con calor, para demandar unha solución a un problema creado no oscurantismo e a irresponsabilidade , a todos e todas, queremos dicirlles ese día: Grazas polos vosos ollos, as vosas palabras, os vosos silencios enxordecedores, grazas pola vosa dignidade, pola perseveranza, grazas por non mirar para outro lado, por arrimar o ombreiro , por ensinarlles aos vosos fillos e fillas a ler nas páxinas da memoria que cos vosos actos, désteslles o exemplo do cidadán da pé para reivindicar o dereito da xustiza e a razón na rúa, onde todos podemos ver a verdade de todos, e tamén, ensinásteslles que o dereito e a xustiza non se regala, tense e exércese por riba dos que queren facerche ver o contrario dende o poder e a manipulación. Non esquecerán o que non se ensina nas escolas e sí na educación de quen quere para eles e elas un mundo mellor e máis xusto.
 
Por todo isto, este mércores 6 de febreiro ás 8 da tarde na Praza Pastor Díaz de Viveiro brindaremos e oiremos o son do triunfo de cidadás e cidadáns libres que exerceron o seu dereito pacífico a pedir que se fixese xustiza


DÍA: MÉRCORES 6 DE FEBREIRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20:00 HORAS





Nota: Se por motivos metereolóxicos non se puidese levar a cabo na praza, trasladaríamos ó Salón Multiusos do Concello.







Fotografías: Pepa Losada e Xaime F. Ramallal