12 de marzo de 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA


A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca ASEMBLEA ORDINARIA para o vindeiro día 23 DE MARZO 2013 ás 20:00 HORAS en primeira convocatoria e ás 20:30 H. en segunda convocatoria, na SALA DE REUNIÓNS DA MINIRESIDENCIA INMACULADA NIÑA (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Estado de Contas.
3.- Situación actual dos edificios despois de dictarse o auto xudicial de 19 de decembro de 2012 con resolución de imposibilidade legal de execución da sentenza de derribo.
4.- Rogos e preguntas.

A continuación terá lugar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA cun único punto na orde do día:
1.- Presentación de candidaturas e renovación de todos os membros da Xunta Directiva da Asociación xa que a actual xunta directiva non vai a presentar a súa candidatura.

En Viveiro a 5 de marzo de 2013