6 de marzo de 2012

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de MARZO ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Vai para tres anos, que os/as veciños/as de Lodeiro nos concentramos na Praza de Pastor Díaz tódolos primeiros mércores de cada mes para reclamar a solución sobre a sentencia de derribo que pesa sobre as nosas vivendas. Reclamamos dende aquel día medidas que non nos deixaran indefensos en caso de derribo das nosas vivendas. A día de hoxe, esas reclamacións siguen tendo un valeiro legal importante que nos deixa máis indefensos, se cabe, ante unha confirmación da sentencia.
            Non só fomos perxudicados no seu momento polas neglixentes actuacións administrativas e por parte da empresa constructora,  senón que a día de hoxe e despois de reunións e exposición da nosa precaria situación ante as autoridades, seguimos esperando con incertidume o dictame de execución de sentenza. Tódolos pasos que a política debera ir dando durante estos anos : Indemnizacións, aloxamentos, protecccións xurídicas, hipotecas, etc, están ausentes do traballo que a política realiza diariamente no que debería ser o "amparo" dos/as cidadáns/as desprotexidos dos seus lexítimos dereitos pola perversión e ineficacia do propio sistema.
            Por eso, nesta nova xuntanza, os/as veciños/as de Lodeiro reclamamos das Administracións Públicas a solución de cuestións tan importantes como o " amparo legal " de todo tipo e a celeridade dos trámites necesarios para estar amparados nos nosos dereitos en caso de que a sentencia definitiva nos obrigara ó desaloxo das nosas vivendas. Xa son demasiados días e meses nos que os nosos dereitos son pisoteados e as nosas incertidumes aumentan na medida do paso do tempo. Estamos indignados ante a pasividade Administrativa e Política, por non dar pasos definitivos para amparar ós/as cidadáns que se atopan no mesmo caso que nós e que representan un considerable número de cidadáns. Só as actuacións políticas propoñendo leis nos seus ámbitos parlamentarios poden solucionar conflictos destas características para que non volvan a suceder.
LUGAR: PRAZA PASTOR DIAZ DE VIVEIRO
DATA: 7 DE MARZO
HORA: 19:00 HORAS