1 de octubre de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de  outubro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos, unha vez máis, que non se esqueza a situación de inxustiza social que seguimos vivindo día a día 118 familias de Lodeiro e Río dos Foles. Queremos que se siga lembrando que van xa 9 anos dende que se dictou por parte do TSXG a sentenza de demolición das nosas vivendas e que,  dende entón, seguimos día a día esperando que chegue unha solución definitiva ó noso problema. Queremos tamén lembrar que xa van máis de tres anos que saimos á rúa reclamando esa solución tantas veces prometida pero que nunca chega e  vai tamén para catro anos que se interpuxo un incidente de inexecución da sentenza pero seguimos á espera de que os tribunais se pronuncien.
Así mesmo, queremos lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 3 DE OUTUBRO de 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.