30 de enero de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o  día 1 de febreiro ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos, unha vez máis, protestar pola situación  na que nos atopamos, vivindo día a día  pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tuvemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 1  DE FEBREIRO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

8 de enero de 2012

FOTOS

Algunhas fotos da última convocatoria. Para facer as velas voadoras participamos nenos e adultos. A verdade foi moi fermoso ver como  ascendían cara o ceo cheas de luz e os desexos incritos nelas.Estaría moi satisfeito se al menos unha delas chegara ao corazón de quen ten que dedicir sobre o noso futuro.

 Saúdos       xosé ramón

2 de enero de 2012

CONVOCATORIA

    A Asociación de Veciñ@s de Lodeiro convoca novamente ós seus veciños/as á concentración que realizaremos, o día 4 de xaneiro nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro ás 19:00 horas, para seguir reivindicando UN ANO MÁIS a SOLUCIÓN á sentenza de DERRIBO que a Xustiza mantén sobre as nosas casas.
    Neste ano que comeza queremos manifestar unha vez máis a nosa INOCENCIA, e farémolo, nesta ocasión, ca solta de 30 VELAS VOADORAS, que son símbolo dos desexos que todos/as temos para este ano. Neste acto queremos que sexan os nenos e as nenas os/as protagonistas xa que a través deles e da súa ilusión desexamos poder manter a esperanza de que este ano que entra será o definitivo para solucionar o noso problema e o do Concello en xeral. Así mesmo convidamos a todo o pobo de Viveiro para que participe con nós neste acto, na que podrán visualizar o ceo dos Xardíns de Viveiro cheo da luz da nosa XUSTA LOITA CONTRA O DERRIBO DAS NOSAS CASAS.

Para este acto necesitaremos a colaboración de todos/as os/as veciños/as tanto para escribir os nosos desexos coma os dos/das nenos/as, así como para a solta ó espazo dos artefactos voadores.
Indicamos nestas fotos como pode ser o acto:










Lugar: Xardíns Noriega Varela.

Día: 4 de xaneiro de 2012.

Hora: 19:00