A Asociación de Veciñ@s de Lodeiro convoca novamente ós seus veciños/as á concentración que realizaremos, o día 4 de xaneiro nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro ás 19:00 horas, para seguir reivindicando UN ANO MÁIS a SOLUCIÓN á sentenza de DERRIBO que a Xustiza mantén sobre as nosas casas.
Neste ano que comeza queremos manifestar unha vez máis a nosa INOCENCIA, e farémolo, nesta ocasión, ca solta de 30 VELAS VOADORAS, que son símbolo dos desexos que todos/as temos para este ano. Neste acto queremos que sexan os nenos e as nenas os/as protagonistas xa que a través deles e da súa ilusión desexamos poder manter a esperanza de que este ano que entra será o definitivo para solucionar o noso problema e o do Concello en xeral. Así mesmo convidamos a todo o pobo de Viveiro para que participe con nós neste acto, na que podrán visualizar o ceo dos Xardíns de Viveiro cheo da luz da nosa XUSTA LOITA CONTRA O DERRIBO DAS NOSAS CASAS.
Para este acto necesitaremos a colaboración de todos/as os/as veciños/as tanto para escribir os nosos desexos coma os dos/das nenos/as, así como para a solta ó espazo dos artefactos voadores.
Indicamos nestas fotos como pode ser o acto:
Lugar: Xardíns Noriega Varela.
Día: 4 de xaneiro de 2012.
Hora: 19:00
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.