A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o día 1 de febreiro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos, unha vez máis, protestar pola situación na que nos atopamos, vivindo día a día pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tuvemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 1 DE FEBREIRO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.