A Asociación
de Veciños e Veciñas O Lodeiro queremos facer público o noso sentimento de
satisfacción e alegría despois de terse coñecido a resolución de inexecución da
sentenza de demolición das nosas vivendas, resolución dictada a través dun auto
do TSXG con data de dezanove de decembro de dous mil doce. Esta é a primeira
boa noticia nun longo proceso xudicial que comezou no ano 2003 cunha sentenza
do TSXG que ordenaba a demolición das nosas vivendas. Queremos incidir en que este auto do Tribunal, coñecido nestas
últimas horas, non é unha resolución definitiva e polo tanto queremos ser
cautos na expresión da nosa alegría. Foron moitos anos de incerteza e de
sufrimento e quizá sexan esas vivenzas as que agora nos incitan a manternos
sereos aínda que non nos impidan ver que é unha primeira batalla ganada.
Queremos
aproveitar este momento para agradecer unha vez máis ó equipo de goberno do
concello de Viveiro, tanto na lexislatura actual como nas dúas anteriores, a
axuda proporcionada a esta asociación
tanto á hora de facilitarnos toda a información e documentación solicitada sobre
o “caso Lodeiro” como á hora de realizar todas as xestións administrativas e
xudiciais requeridas en cada momento para chegar a unha resolución positiva.
Tamén queremos reseñar e, por suposto, agradecer
a Melchor Roel o feito de non ter asinado a orde de derribo das nosas vivendas
cando o Tribunal llo requeríu, aínda a costa de ser sancioado en reiteradas
ocasións por este motivo.
Así mesmo, non
queremos esquecer a boa disposición da Xunta de Galicia, concretamente do
Conselleiro de Territorio e Infraestructuras e a secretaria Xeral de Urbanismo,
para reunirse con nós naquelas ocasións que así o requerimos con obxecto de
clarificar determinadas cuestións aínda que tamén quedou claro naquelas
reunións que unha problemática xudicializada como era o noso caso xa non tiña
outra vía de solución máis que a estrictament xudicial.
E para
finalizar, reiterar unha vez máis a nosa satisfacción de que finalmente se
aplicase a xustiza e que, aínda que en
moitas ocasións durante este longo proceso chegamos a dubidar da existencia
real dun Estado de Dereito, creemos que
autos xudiciais como o que acabamos de coñecer resolvendo a favor dos
inxustamente tratados fan que sigamos confiando en que a xustiza chega aínda
que tarde anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.