11 de junio de 2009

NOTA INFORMATIVA

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro comunica que despois de case dous meses de ter enviado unha carta ó Presidente da Xunta de Galicia, a Presidenta da Asociación foi convocada a unha reunión co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e coa Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. A esta xuntanza, da que está por confirmar a data e máis a hora, asistirán a Presidenta da Asociación acompañada de tres membros máis da Xunta Directiva. Queremos recordar que O Presidente da Xunta de Galicia adquirira libremente o compromiso de recibir a unha representación dos afectados de Lodeiro nun mitin que tivo lugar o día 20 de Febreiro de 2009 na localidade de Viveiro dentro campaña electoral ás eleccións da Xunta de Galicia. Dous meses despois daquela data , o 20 de abril de 2009, e xa sendo o Sr. Nuñez Feijóo o novo presidente da Xunta de Galicia, se lle remitíu unha carta recordándolle o compromiso adquirido de recibirnos xunto coa persoa responsable de urbanismo co fin de buscar unha solución á nosa situación. Hoxe, case dous meses despois de remitir aquela carta o compromiso adquirido por parte do Presidente da Xunta de Galicia vaise a facer efectivo e temos depositadas todas as nosas esperanzas na súa colaboración e o seu apoio na resolución do gravísimo problema que nos afecta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.