A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro comunica que da reunión mantida, o pasado luns día 29 de xuño, co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e a Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, podemos extraer as seguintes conclusións:
1.- O Sr. Conselleiro e a Secretaria Xeral mostráronse moi receptivos á hora de expoñerlles a situación de inxustiza social que estamos a vivir e mostraron todo o seu apoio de cara a poñer todos os medios necesarios para tentar buscar unha solución. Foron moi cautos no sentido de deixar moi claro que dende a Consellería se fará todo o que estea nas súa mans sempre e cando entre dentro das súas competencias e se axuste á legalidade.
2.- Manifestaron o seu compromiso de axilizar todos os trámites necesarios para tratar modificar o tipo de edificabilidade na zona sempre que se axuste á legalidade. Neste punto non deixaron de incidir que este tipo de solución administrativas non modifican a situación xurídica na que nos atopamos (existe unha sentencia firme de derribo).
3.- O Sr. Conselleiro insistíu en que a solución máis segura de cara a unha posible legalización e que servira de argumento ante inexecutabilidade da sentencia, sería a aprobación definitiva do PXOM. De ahí a importancia de que se elabore no menor tempo posible e axustado á nomativa legal vixente de cara a que a súa aprobación definitiva non atope ningún obstáculo por motivos de non axustarse á normativa vixente.
4.- Dende a Consellería comprometéronse a non poñer ningún obstáculo ás propostas de solución que se lles fagan chegar dende o Concello de Viveiro, sempre e cando etén dentro da legalidade, para tentar buscar unha solución na vía administrativa á nosa situación.
5.- No que respecta ó auto do Tribunal Supremo polo que se impugna unha sentencia do TSXG pola que se anulaba a modificación puntual das normas subsidiarias ( modificación publicada no DOG en agosto de 2004), manifestaron que hai que ser moi prudentes antes de ver unha solución por esta vía. Dende a Consellería manifestaron que non tiñan coñecemento destas últimas noticias agás polo aparecido na prensa. A Asociación aportou, respecto a este punto, documentación que puidese esclarecer esta situación. Nin o Sr.Conselleiro nin a Secretaria Xeral se mostraron partidarios de crear falsas expectativas de solución por esta vía aínda que adquiriron o compromiso de estudiar con detalle a documentación e unha vez se inste dende o Concello a realizar algún tipo de modificación se estudiaría dende a Consellería a posibilidade de facelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.