2 de junio de 2009

Comunicado

A Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro comunica que o vindeiro mécores 3 de xuño do 2009 @s veciñ@s do Lodeiro volverán a manifestarse para reclamar solucións e medidas pertinentes para resolver o seu conflicto. A sentenza de derrube das nosas casas mantense sobre as nosas cabezas mentres que aínda hai quen pretende incitarnos a crer que iso non se cumprirá nunca. O único certo a día de hoxe é que a sentenza nos obriga a quedarnos inxustamente sen as nosas casas e non vemos solucións por ningures. Solo sabemos que estamos a adicar o noso tempo e patrimonio económico a unha defensa que ven orixinada polos comportamentos irresponsables e ilegais da política urbana e que nos incita a cuestionarnos sobre a defensa do cidadán polo sistema de dereito establecido legalmente. Facemos unha vez máis un chamamento á participación cidadá pensando que non só é un problema puntual dun número de persoas e edificios, senón que afecta a toda a sociedade na maior ou menor medida na práctica diaria das nosas vidas. Seguiremos realizando o mural pictórico da INOCENCIA, convidando nesta ocasión a tódolos artistas que queiran expresar a mesma con nós, a realizar os seu trazos sobre as nosas taboas. A primeira foi realizada o seis de Maio de xeito espontaneo por veciños e nenos que se atopaban na praza de Pastor Díaz ese día. ¡Todos aqueles que expresen as súas emocións a través da práctica pictórica, están convidados a asistir a este novo acto de concentración en defensa da INOCENCIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.