29 de noviembre de 2010

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día  1 de decembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Unha vez máis queremos chamar a atención sobre a situación que vivimos os propietarios das 118 vivendas e baixos comerciais dos edificios afectados pola sentenza de demolición da que somos vítimas dende hai  máis de sete anos. Dende que se coñeceu a dita sentenza no 2003, vivimos na  indefensión, coa incerteza do que vai pasar cos nosos fogares e sen poder dispoñer dun patrimonio polo que pagamos e tributamos coma calquera  outro cidadán pero sen ningunha protección dos nosos dereitos.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os veciños  afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 1 DE DECEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

3 de noviembre de 2010

Carta de apoio aos veciños e veciñas de Magazos

A Asociación de Veciños e Veciñas as O Lodeiro quere manifestar publicamente pola presente o seu apoio ós veciños de Magazos na súa oposición á modificación do trazado da Variante a Viveiro ó paso pola súa parroquia.
En primeiro lugar porque sentimos que este é un asunto que afecta non só ós veciños de Magazos senón a todos os veciños de Viveiro, polo que subscribimos as súas  alegacións tanto no referente ó impacto no medio ambiente como respecto á protección do noso patrimonio arqueolóxico e histórico-artístico.
En segundo lugar porque consideramos que a dita modificación do Proxecto do Trazado da Variante a Viveiro, que foi aprobado no seu día, non supón unha opción mellor ca anterior xa que causa un maior perxuízo ós intereses sociais, veciñais, económicos… dos veciños de Magazos, que son os máis directamente afectados polo cambio neste trazado.
E por último, queremos poñer de manifesto o noso apoio porque, como vimos proclamando desde a nosa constitución como asociación, consideramos de suma importancia as mostras de apoio tanto a nivel individual como colectivo naquelas situacións nas que os dereitos dos cidadáns poden verse desprotexidos a causa da indefensión.
Queremos polo tanto manifestar publicamente o noso apoio ós veciños de Magazos nas súas revindicacións e ademais dar un exemplo da solidariedade que vimos reclamando para nós mesmos.


                       VARIANTE XA
                       PERO SEN CAMBIOS.

Nova da Voz de Galicia

Afectados de Lodeiro exigen otra vez que no derriben sus casas y apoyan a los vecinos de Magazos

1 de noviembre de 2010

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de novembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con  esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de sete anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas,   unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición  que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes  que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 3 DE NOVEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

10 de octubre de 2010

4 de octubre de 2010

Convocatoria de concentración

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 6 de outubro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.

A razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición, que a día de hoxe segue sen estar resolta.

Queremos recordar a todo o mundo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentenza de demolición das nosas vivendas no ano 2003 e foi ratificada polo Tribunal Supremo no ano 2008. Así mesmo, e despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver se algún día o noso problema estará solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.

DÍA: 6 DE OUTUBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19:00 HORAS.

2 de septiembre de 2010

Nova de El Progreso ( pag. 7 )

los vecinos de lodeiro reclaman una vez más con una protesta que no se derriben sus viviendas

Nova da Voz de Galicia

Afectados por la orden de derribo de pisos de Lodeiro siguen protestando

Unha pequena reflexión

Como cada primeiro mércores de mes acudimos a concentrarnos para reivindicar xustiza en relación á situación agónica que estamos a padecer co caso Lodeiro. Esta circunstancia acentúase, e é máis frustante cando a maior grande parte dos propios veciños afectados, nin tan sequera se molestan en acompañarnos con unha hora do seu tempo para apoiarnos nas nosas lexítimas reivindicacións. Semella que a cousa non vai con eles, e que todo se soluciona por arte divina. Señoras e señores, vostedes que permanecen agochados por o motivo que sexa, son  uns insolidarios.Tamén dicirlles que neste pequeno colectivo trabállase sen descanso e con sacrificio, aportando humildemente o que cada un boamente pode, colaborando así, coas institucións, medios e persoas  para que a orden de derribo que pesa sobre os nosos edificios no se execute.
Parafraseando a Winston Churchill diríalles, " Nunca tantos foron tan insolidarios con tan poucos"

xosé ramón