A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 1 de decembro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Unha vez máis queremos chamar a atención sobre a situación que vivimos os propietarios das 118 vivendas e baixos comerciais dos edificios afectados pola sentenza de demolición da que somos vítimas dende hai máis de sete anos. Dende que se coñeceu a dita sentenza no 2003, vivimos na indefensión, coa incerteza do que vai pasar cos nosos fogares e sen poder dispoñer dun patrimonio polo que pagamos e tributamos coma calquera outro cidadán pero sen ningunha protección dos nosos dereitos.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os veciños afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 1 DE DECEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.