A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de novembro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de sete anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas, unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 3 DE NOVEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.