A Asociación de Veciños e Veciñas as O Lodeiro quere manifestar publicamente pola presente o seu apoio ós veciños de Magazos na súa oposición á modificación do trazado da Variante a Viveiro ó paso pola súa parroquia.
En primeiro lugar porque sentimos que este é un asunto que afecta non só ós veciños de Magazos senón a todos os veciños de Viveiro, polo que subscribimos as súas alegacións tanto no referente ó impacto no medio ambiente como respecto á protección do noso patrimonio arqueolóxico e histórico-artístico.
En segundo lugar porque consideramos que a dita modificación do Proxecto do Trazado da Variante a Viveiro, que foi aprobado no seu día, non supón unha opción mellor ca anterior xa que causa un maior perxuízo ós intereses sociais, veciñais, económicos… dos veciños de Magazos, que son os máis directamente afectados polo cambio neste trazado.
E por último, queremos poñer de manifesto o noso apoio porque, como vimos proclamando desde a nosa constitución como asociación, consideramos de suma importancia as mostras de apoio tanto a nivel individual como colectivo naquelas situacións nas que os dereitos dos cidadáns poden verse desprotexidos a causa da indefensión.
Queremos polo tanto manifestar publicamente o noso apoio ós veciños de Magazos nas súas revindicacións e ademais dar un exemplo da solidariedade que vimos reclamando para nós mesmos.
VARIANTE XA
PERO SEN CAMBIOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.