4 de octubre de 2010

Convocatoria de concentración

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 6 de outubro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.

A razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición, que a día de hoxe segue sen estar resolta.

Queremos recordar a todo o mundo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentenza de demolición das nosas vivendas no ano 2003 e foi ratificada polo Tribunal Supremo no ano 2008. Así mesmo, e despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver se algún día o noso problema estará solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.

DÍA: 6 DE OUTUBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19:00 HORAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.