Como cada primeiro mércores de mes acudimos a concentrarnos para reivindicar xustiza en relación á situación agónica que estamos a padecer co caso Lodeiro. Esta circunstancia acentúase, e é máis frustante cando a maior grande parte dos propios veciños afectados, nin tan sequera se molestan en acompañarnos con unha hora do seu tempo para apoiarnos nas nosas lexítimas reivindicacións. Semella que a cousa non vai con eles, e que todo se soluciona por arte divina. Señoras e señores, vostedes que permanecen agochados por o motivo que sexa, son uns insolidarios.Tamén dicirlles que neste pequeno colectivo trabállase sen descanso e con sacrificio, aportando humildemente o que cada un boamente pode, colaborando así, coas institucións, medios e persoas para que a orden de derribo que pesa sobre os nosos edificios no se execute.
Parafraseando a Winston Churchill diríalles, " Nunca tantos foron tan insolidarios con tan poucos"
xosé ramón
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.