Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
1 de enero de 2013
31 de diciembre de 2012
30 de diciembre de 2012
29 de diciembre de 2012
Comunicado da Asociación de Veciños o Lodeiro
A Asociación
de Veciños e Veciñas O Lodeiro queremos facer público o noso sentimento de
satisfacción e alegría despois de terse coñecido a resolución de inexecución da
sentenza de demolición das nosas vivendas, resolución dictada a través dun auto
do TSXG con data de dezanove de decembro de dous mil doce. Esta é a primeira
boa noticia nun longo proceso xudicial que comezou no ano 2003 cunha sentenza
do TSXG que ordenaba a demolición das nosas vivendas. Queremos incidir en que este auto do Tribunal, coñecido nestas
últimas horas, non é unha resolución definitiva e polo tanto queremos ser
cautos na expresión da nosa alegría. Foron moitos anos de incerteza e de
sufrimento e quizá sexan esas vivenzas as que agora nos incitan a manternos
sereos aínda que non nos impidan ver que é unha primeira batalla ganada.
Queremos
aproveitar este momento para agradecer unha vez máis ó equipo de goberno do
concello de Viveiro, tanto na lexislatura actual como nas dúas anteriores, a
axuda proporcionada a esta asociación
tanto á hora de facilitarnos toda a información e documentación solicitada sobre
o “caso Lodeiro” como á hora de realizar todas as xestións administrativas e
xudiciais requeridas en cada momento para chegar a unha resolución positiva.
Tamén queremos reseñar e, por suposto, agradecer
a Melchor Roel o feito de non ter asinado a orde de derribo das nosas vivendas
cando o Tribunal llo requeríu, aínda a costa de ser sancioado en reiteradas
ocasións por este motivo.
Así mesmo, non
queremos esquecer a boa disposición da Xunta de Galicia, concretamente do
Conselleiro de Territorio e Infraestructuras e a secretaria Xeral de Urbanismo,
para reunirse con nós naquelas ocasións que así o requerimos con obxecto de
clarificar determinadas cuestións aínda que tamén quedou claro naquelas
reunións que unha problemática xudicializada como era o noso caso xa non tiña
outra vía de solución máis que a estrictament xudicial.
E para
finalizar, reiterar unha vez máis a nosa satisfacción de que finalmente se
aplicase a xustiza e que, aínda que en
moitas ocasións durante este longo proceso chegamos a dubidar da existencia
real dun Estado de Dereito, creemos que
autos xudiciais como o que acabamos de coñecer resolvendo a favor dos
inxustamente tratados fan que sigamos confiando en que a xustiza chega aínda
que tarde anos.
Convocatoria de concentración e asemblea extraordinaria
A Asociación
de veciños e veciñas O Lodeiro invita a
todos os veciños de Viveiro a que participen na concentración que terá lugar o
día 2 de xaneiro de 2013 e que nesta
ocasión será máis de celebración que de protesta. Recordamos que terá lugar,
como sempre, na Praza Pastor Díaz de Viveiro ás 19:00 horas. Neste acto
realizaremos unha solta de 48 globos luminosos que simbolizarán o número de
meses que nos levamos concentrando.
Tamén
aproveitamos para comunicar que antes da concentración terá lugar unha asemblea
extraordinaria da Asociación dos Veciños e Veciñas O Lodeiro ás 17:30 h en
primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria. Esta asemblea terá
como único punto na súa orde do día a información
sobre o auto xudicial con resolución de
inexecución e celebrarase no Centro Inmaculada Niña (antiguo Cristo Rey)
28 de diciembre de 2012
6 de diciembre de 2012
4 de diciembre de 2012
Convocatoria concentración
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 5 de decembro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de nove anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas, unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 5 DE DECEMBRO de 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
12 de noviembre de 2012
7 de noviembre de 2012
CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN
A Asociación de Veciños e Veciñas O
Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración
para o día 7 de novembro ás 19:00
horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos que
se siga lembrando a situación de inxustiza
social que nos toca vivir a 118 familias de Lodeiro e Río do Foles dende
que no ano 2003, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia se dictara a demolición das nosas vivendas. Non queremos que ninguén se
esqueza de que levamos 9 anos vivindo unha situación de incertidume sen ter cometido ningún tipo de erro, pola nosa parte, na
compra das nosas vivendas pero que
certas neglixencias administrativas
levaron a que sexamos nós, os compradores de boa fé, quen estemos pagando ese
erro cometido por outros. Xa van casi 4 anos que saimos á rúa proclamando a
nosa inocencia e reclamando
unha SOLUCIÓN que, a pesar de diversas
promesas, segue sen chegar. Un mércores máis estaremos na rúa reclamando tamén reformas lexislativas que impidan que
erros como os cometidos no noso caso non se volvan a producir para que ningún
inocente máis teña que sufrir o que os veciños e veciñas de Lodeiro e Río dos
Foles levamos sufrindo durante anos.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 7 DE NOVEMBRO de
2012
LUGAR: PRAZA PASTOR
DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
2 de octubre de 2012
1 de octubre de 2012
CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN
A Asociación de Veciños e Veciñas O
Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración
para o día 3 de outubro ás 19:00
horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos, unha
vez máis, que non se esqueza a situación de inxustiza social que seguimos
vivindo día a día 118 familias de Lodeiro e Río dos Foles. Queremos que se siga
lembrando que van xa 9 anos dende que se dictou por parte do TSXG a sentenza de
demolición das nosas vivendas e que,
dende entón, seguimos día a día esperando que chegue unha solución
definitiva ó noso problema. Queremos tamén lembrar que xa van máis de tres anos
que saimos á rúa reclamando esa solución tantas veces prometida pero que nunca
chega e vai tamén para catro anos que se
interpuxo un incidente de inexecución da sentenza pero seguimos á espera de que
os tribunais se pronuncien.
Así mesmo, queremos lembrar a toda a
cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados
somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias
duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 3 DE OUTUBRO de 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
18 de septiembre de 2012
5 de septiembre de 2012
4 de septiembre de 2012
CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN
A Asociación de Veciños e Veciñas O
Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración
para o día 5 de setembro ás 20:00
horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos seguir reclamando,
despois de case nove anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas, unha solución xusta para a situación que estamos
a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que
a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a
cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios
afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as
consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 5 DE SETEMBRO de 2011
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20 HORAS.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)