4 de septiembre de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 5 de  setembro  ás  20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con  esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de case nove anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas,   unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 5 DE SETEMBRO de 2011
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20 HORAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.