7 de noviembre de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de  novembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con esta manifestación queremos que se siga lembrando a situación de inxustiza social que nos toca vivir a 118 familias de Lodeiro e Río do Foles dende que no ano 2003, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se dictara a demolición das nosas vivendas. Non queremos que ninguén se esqueza de que levamos 9 anos vivindo unha situación de incertidume  sen ter cometido  ningún tipo de erro, pola nosa parte, na compra das nosas vivendas  pero que certas neglixencias administrativas levaron a que sexamos nós, os compradores de boa fé, quen estemos pagando ese erro cometido por outros. Xa van casi 4 anos que saimos á rúa proclamando a nosa inocencia e reclamando unha SOLUCIÓN  que, a pesar de diversas promesas, segue sen chegar. Un mércores máis estaremos na rúa reclamando tamén reformas lexislativas que impidan que erros como os cometidos no noso caso non se volvan a producir para que ningún inocente máis teña que sufrir o que os veciños e veciñas de Lodeiro e Río dos Foles levamos sufrindo durante anos.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 7 DE NOVEMBRO de 2012 
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.