6 de marzo de 2012

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de MARZO ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Vai para tres anos, que os/as veciños/as de Lodeiro nos concentramos na Praza de Pastor Díaz tódolos primeiros mércores de cada mes para reclamar a solución sobre a sentencia de derribo que pesa sobre as nosas vivendas. Reclamamos dende aquel día medidas que non nos deixaran indefensos en caso de derribo das nosas vivendas. A día de hoxe, esas reclamacións siguen tendo un valeiro legal importante que nos deixa máis indefensos, se cabe, ante unha confirmación da sentencia.
            Non só fomos perxudicados no seu momento polas neglixentes actuacións administrativas e por parte da empresa constructora,  senón que a día de hoxe e despois de reunións e exposición da nosa precaria situación ante as autoridades, seguimos esperando con incertidume o dictame de execución de sentenza. Tódolos pasos que a política debera ir dando durante estos anos : Indemnizacións, aloxamentos, protecccións xurídicas, hipotecas, etc, están ausentes do traballo que a política realiza diariamente no que debería ser o "amparo" dos/as cidadáns/as desprotexidos dos seus lexítimos dereitos pola perversión e ineficacia do propio sistema.
            Por eso, nesta nova xuntanza, os/as veciños/as de Lodeiro reclamamos das Administracións Públicas a solución de cuestións tan importantes como o " amparo legal " de todo tipo e a celeridade dos trámites necesarios para estar amparados nos nosos dereitos en caso de que a sentencia definitiva nos obrigara ó desaloxo das nosas vivendas. Xa son demasiados días e meses nos que os nosos dereitos son pisoteados e as nosas incertidumes aumentan na medida do paso do tempo. Estamos indignados ante a pasividade Administrativa e Política, por non dar pasos definitivos para amparar ós/as cidadáns que se atopan no mesmo caso que nós e que representan un considerable número de cidadáns. Só as actuacións políticas propoñendo leis nos seus ámbitos parlamentarios poden solucionar conflictos destas características para que non volvan a suceder.
LUGAR: PRAZA PASTOR DIAZ DE VIVEIRO
DATA: 7 DE MARZO
HORA: 19:00 HORAS

29 de febrero de 2012

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA


            A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca ASEMBLEA ORDINARIA para o vindeiro día 10 DE MARZO 2012 ás 20:00 HORAS en primeira convocatoria e ás 20:30 H. en segunda convocatoria, na SALA DE REUNIÓNS DA MINIRESIDENCIA INMACULADA NIÑA (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Estado de Contas.
3.- Información do estado actual dos oito edificios afectados pola sentencia de derribo
4.- Medidas de actuación en meses vindeiros. Propostas dos asociados
4.- Presentación de candidaturas para a renovación da metade da xunta directiva.
5.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 22 de febreiro de 2012
A Presidenta

 Mª Teresa Aguirre Ramos

30 de enero de 2012

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o  día 1 de febreiro ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos, unha vez máis, protestar pola situación  na que nos atopamos, vivindo día a día  pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tuvemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 1  DE FEBREIRO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

8 de enero de 2012

FOTOS

Algunhas fotos da última convocatoria. Para facer as velas voadoras participamos nenos e adultos. A verdade foi moi fermoso ver como  ascendían cara o ceo cheas de luz e os desexos incritos nelas.Estaría moi satisfeito se al menos unha delas chegara ao corazón de quen ten que dedicir sobre o noso futuro.

 Saúdos       xosé ramón

2 de enero de 2012

CONVOCATORIA

    A Asociación de Veciñ@s de Lodeiro convoca novamente ós seus veciños/as á concentración que realizaremos, o día 4 de xaneiro nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro ás 19:00 horas, para seguir reivindicando UN ANO MÁIS a SOLUCIÓN á sentenza de DERRIBO que a Xustiza mantén sobre as nosas casas.
    Neste ano que comeza queremos manifestar unha vez máis a nosa INOCENCIA, e farémolo, nesta ocasión, ca solta de 30 VELAS VOADORAS, que son símbolo dos desexos que todos/as temos para este ano. Neste acto queremos que sexan os nenos e as nenas os/as protagonistas xa que a través deles e da súa ilusión desexamos poder manter a esperanza de que este ano que entra será o definitivo para solucionar o noso problema e o do Concello en xeral. Así mesmo convidamos a todo o pobo de Viveiro para que participe con nós neste acto, na que podrán visualizar o ceo dos Xardíns de Viveiro cheo da luz da nosa XUSTA LOITA CONTRA O DERRIBO DAS NOSAS CASAS.

Para este acto necesitaremos a colaboración de todos/as os/as veciños/as tanto para escribir os nosos desexos coma os dos/das nenos/as, así como para a solta ó espazo dos artefactos voadores.
Indicamos nestas fotos como pode ser o acto:










Lugar: Xardíns Noriega Varela.

Día: 4 de xaneiro de 2012.

Hora: 19:00



4 de diciembre de 2011

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de decembro  ás  19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Con  esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de oito anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas,   unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 7 DE DECEMBRO de 2011
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.