2 de septiembre de 2010

Nova de El Progreso ( pag. 7 )

los vecinos de lodeiro reclaman una vez más con una protesta que no se derriben sus viviendas

Nova da Voz de Galicia

Afectados por la orden de derribo de pisos de Lodeiro siguen protestando

Unha pequena reflexión

Como cada primeiro mércores de mes acudimos a concentrarnos para reivindicar xustiza en relación á situación agónica que estamos a padecer co caso Lodeiro. Esta circunstancia acentúase, e é máis frustante cando a maior grande parte dos propios veciños afectados, nin tan sequera se molestan en acompañarnos con unha hora do seu tempo para apoiarnos nas nosas lexítimas reivindicacións. Semella que a cousa non vai con eles, e que todo se soluciona por arte divina. Señoras e señores, vostedes que permanecen agochados por o motivo que sexa, son  uns insolidarios.Tamén dicirlles que neste pequeno colectivo trabállase sen descanso e con sacrificio, aportando humildemente o que cada un boamente pode, colaborando así, coas institucións, medios e persoas  para que a orden de derribo que pesa sobre os nosos edificios no se execute.
Parafraseando a Winston Churchill diríalles, " Nunca tantos foron tan insolidarios con tan poucos"

xosé ramón

27 de agosto de 2010

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 1 de setembro ás 20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.

O razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta.

Queremos recordar a todo o mundo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentenza de demolición das nosas vivendas no ano 2003 e foi ratificada polo Tribunal Supremo no ano 2008. Así mesmo, e despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.

Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.

DÍA: 1 DE SETEMBRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20 HORAS.

3 de agosto de 2010

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 4 de agosto ás 20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.

O razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta

Queremos recordar a todo o mundo que despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.

Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.

DÍA: 4 DE AGOSTO

LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ

HORA: 20 HORAS.

28 de julio de 2010

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTARORDINARIA

A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca unha Asemblea Extraordinaria para o vindeiro día 30 de xullo de 2010 ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:·00 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Mini Residencia de Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey- soportais onde se atopa Caixa Galicia) cos seguintes puntos na Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Situación actual do Caso Lodeiro tras a publicación do decreto polo que se modifica a ordenación provisional aprobada no Decreto 102/2006, do 22 de xuño e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento (Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño)

3.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 28 de xullo de 2010

A Presidenta
Mª Teresa Aguirre Ramos

9 de julio de 2010

El Progreso

Incansables se muestran los afectados por la orden de derribo de pisos en el barrio
vivariense de Lodeiro en su objetivo de evitar que el grave problema que padecen deje
de salir en los periódicos y caiga en el olvido. Es el único recurso para luchar contra
su indefensión, a la espera de que los tribunales decidan.  POR: ALBA CASTRO