A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 4 de agosto ás 20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
O razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta
Queremos recordar a todo o mundo que despois de levar máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.
DÍA: 4 DE AGOSTO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.