28 de julio de 2010

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTARORDINARIA

A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca unha Asemblea Extraordinaria para o vindeiro día 30 de xullo de 2010 ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:·00 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Mini Residencia de Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey- soportais onde se atopa Caixa Galicia) cos seguintes puntos na Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.

2.- Situación actual do Caso Lodeiro tras a publicación do decreto polo que se modifica a ordenación provisional aprobada no Decreto 102/2006, do 22 de xuño e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento (Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño)

3.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 28 de xullo de 2010

A Presidenta
Mª Teresa Aguirre Ramos

9 de julio de 2010

El Progreso

Incansables se muestran los afectados por la orden de derribo de pisos en el barrio
vivariense de Lodeiro en su objetivo de evitar que el grave problema que padecen deje
de salir en los periódicos y caiga en el olvido. Es el único recurso para luchar contra
su indefensión, a la espera de que los tribunales decidan.  POR: ALBA CASTRO

6 de julio de 2010

Nova de El Progreso ( pag. 8)

Vecinos de o lodeiro se concentran en la praza Maior mañana

Nova da Voz de Galicia

Vecinos de Lodeiro vuelven a exigir que no tiren sus pisos

CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de xullo ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro. O cambio de horario, nesta ocasión, responde a motivos estratéxicos.
O razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta
Queremos recordar a todo o mundo que despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.
DÍA: 7 DE XULLO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.

30 de junio de 2010

Nova de EL Progreso ( pag. 8 )

El urbanismo de Lugo, a debate hoy en el Politécnico

Conferencia sobre urbanismo

Urbanismo e legalidade
MÉRCORES 30 DE XUÑO ÁS 20:00 h.
SALÓN DE ACTOS DO INSTITUTO POLITÉCNICO
(rúa Armando Durán) LUGO

XUSTIZA E URBANISMO DESDE O PUNTO DE VISTA CIDADÁN
Asociación pola defensa do Parque Rosalía

PROBLEMÁTICA E CONSECUENCIAS DA COMPRA DE VIVENDA ILEGAL
Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro

A LEGALIDADE NO NOVO PXOM DE LUGO
ALPUL - Asociación por la Legalidad del Plan Urbanístico de Lugo

TRANSPARENCIA NA XESTIÓN ADMINISTRATIVA DO PXOM
UNAVE - Unión de Asociacións Veciñais de Lugo

INCIDENCIA ECOLÓXICA DO PXOM E CRISE URBANÍSTICA
ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

OS URBANIZABLES E O NOVO PXOM
Asociación Contracorrente

Colabora: Sociedade Cultural Mádia leva!


11 de junio de 2010

Convocatoria Asemblea Extraordinaria


    A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca unha Asemblea Extraordinaria para o vindeiro día 12 de xuño de 2010 ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:·00 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Mini Residencia de Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Resumo da reunión mantida, o pasado mércores día 9 de xuño, por parte dunha representación da Asociación coa Secretaria Xeral da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras.
2.- Situación actual do Caso Lodeiro tras a publicación do decreto polo que se modifica a ordenación provisional aprobada no Decreto 102/2006, do 22 de xuño e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento (Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño)
3.- Accións a desenvolver a partir deste momento.
5.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 10 de xuño de 2010
A Presidenta
 Mª Teresa Aguirre Ramos