11 de junio de 2010

Convocatoria Asemblea Extraordinaria


    A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca unha Asemblea Extraordinaria para o vindeiro día 12 de xuño de 2010 ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:·00 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Mini Residencia de Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Resumo da reunión mantida, o pasado mércores día 9 de xuño, por parte dunha representación da Asociación coa Secretaria Xeral da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestructuras.
2.- Situación actual do Caso Lodeiro tras a publicación do decreto polo que se modifica a ordenación provisional aprobada no Decreto 102/2006, do 22 de xuño e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento (Diario Oficial de Galicia do 10 de xuño)
3.- Accións a desenvolver a partir deste momento.
5.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 10 de xuño de 2010
A Presidenta
 Mª Teresa Aguirre Ramos

1 comentario:

  1. O Decreto 89/2010 de 3 de xuño foi publicad no DOG o día 10 de xuño e entrou en vigor ó día seguinte.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.