Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
6 de julio de 2010
CONVOCATORIA CONCENTRACIÓN
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 7 de xullo ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro. O cambio de horario, nesta ocasión, responde a motivos estratéxicos.
O razón desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta
Queremos recordar a todo o mundo que despois de levar máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.
DÍA: 7 DE XULLO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.