31 de enero de 2010

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de febreiro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Nesta ocasión a nosa concentración vai ser o mesmo tempo un acto de solidariedade con todos aqueles cidadáns inocentes doutros lugares que tamén son víctimas de sentenzas de demolición. De xeito especial lembraremos aos afectados polos autos de derribo en Cerrias (Cantabria), que  están vivindo días de angustia ante a amenaza real de perder as súas vivendas.
Como é habitual utilizaremos un símbolo na nosa manifestación.  Recurrimos ó uso de CARETAS en branco, ás que cada un lle pode poñer unha mensaxe e identificarse deste xeito coas moitas persoas que están na mesma situación ca nos: indefensos e impotentes ante á aplicación da Ley por uns actos que no cometeron.
O noso lema nesta concentración será:

NON ÓS DERRIBOS DE  CIDADÁNS INOCENTES

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.