Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
31 de mayo de 2009
29 de mayo de 2009
28 de mayo de 2009
27 de mayo de 2009
25 de mayo de 2009
Non somos comediantes nin políticos, somos cidadáns damnificados
Non vamos a consentir que se nos intimide con este tipo de comentarios que non deixan de ser unha percepción moi particular e sesgada polo color político dos ollos que nos miran algúns ou algunhas. Esto non deixa de ser a consecuencia do interés que seguen a mostrar algunhas persoas de facer política co “Caso Lodeiro”. A esas persoas que manifestan de maneira infundade que o colectivo de Lodeiro está a utilizar políticamente “ese asunto”, queremos recordarlles que eso que eles chaman “este asunto” é por encima de todo unha situación inxusta na que nós non tivemos ningunha culpa, é a situación de vivir día a día coa incertidume de non saber si as nosas vivendas poden chegar a ser derrubadas nalgún momento. Pero, ¿qué se creen esos que aínda se ven no dereito de reprochar que nos manifestemos, que é máis importante para nós criticar a algún partido político que defender as nosas propias vivendas?
Nós non somos políticos e non temos que saldar contas con ninguén, somos cidadáns e cidadás que defendemos os noso dereito de ser protexidos pola Administración e non castigados por ésta e moito menos cando nós sí que non cometemos ningunha irregularidade á hora de comprar as nosas vivendas.
Algúns seguirán intentando manipular este tema políticamente, pero ahí estaremos o colectivo de Lodeiro para facer ver que a nosa reivindicación non vai nesa línea. Tamén queremos recordar que cando se lancen este tipo de opinión se expoña en qué momento e en qué lugar o grupo de afectados de Lodeiro como Asociación fixo uso da manipulación política para defender a súa causa.
Para rematar, queremos manifestar a nosa repulsa cara aquelas persoas que insisten en identificarnos con algún partido político e a través de eso manipular a unhos e outros.
O único que necesitamos é o apoio tanto das administracións, dos tribunais e da cidadanía en xeral e manter lonxe personaxes que tenten por en contra dun colectivo inocente a esa cidadanía na que confiamos que nos siga a apoiar.
Asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro
21 de mayo de 2009
Comentario de opinion na Cope da Costa da nova do xoves, 05 de marzo de 2009 sobre o caso Lodeiro
Feijó aínda non tomou posesión, polo que é absurdo que os do Lodeiro faigan a comedia dicindo que comeza a conta atrais.
Feijó foi o único cos recibiu na campaña electoral con luz e taquigrafos. PSOE e BNG negaronse a que houbera fotografos e periodistas nos encontros con este viciños....recibíronnos coma se foran apestados.
Hai algúns dentro do colectivo de Lodeiro que teñen moitas infulas políticas e están a utilizar políticamente este asunto. Que teñan coidado, porque polo dagora á xente en Viveiro amosoulles un respaldo acetable... e pola vía hacia a que algúns nese colectivo queren ir, poden comezar a facer esta reivindicación un pouco pesada e antipática. Eu aconsello moderación e que non busquen derivas políticas apuntando as súas reivindicacións hacia quen non deben. Feijó lles resolveu o problema unha vez cando era conselleiro de Ordenación do Territorio, e foi o listillo de Roel o que mandau todo ao carallo... conven non esquecer certas cousas pra que os viverenses non pensemos que o único interese dalgúns no colectivo reinvindicativo do Lodeiro é facer política con este tema.
19 de mayo de 2009
18 de mayo de 2009
Convocatoria concentración
17 de mayo de 2009
12 de mayo de 2009
8 de mayo de 2009
7 de mayo de 2009
Concentración e actividade lúdica o día 6 de maio
Un día máis estivemos reinvendicando o
noso dereito en contra da demolición dos nosos fogares. Esta vez a concentración foi de carácter lúdica donde participamos maiores e cativos todos misturados. A idea era plasmar a través da pintura os nosos sentimentos en relación ao caso que estamos a vivir. No tocante aos cativos a verdade é que deron un exemplo de participación cousa que non pasa cos maiores, xa que cada vez son menos os veciños que non se achegan as concentracións, pasando delas, como se fose algo alleo a eles , aínda que entendo aqueles que por razóns de traballo ou outro motivo non poideron asistir, e como é lóxico teñen todo o meu entendemento. Quixese aproveitar desde aquí a exortar a tódolos veciños e veciñas a participaren nas vindeiras concentracións. Lémbrense que a unión fai a forza. Esta forza está representada na pintura polas dúas montañas próximas aos nos fogares , e a unión polas cadeas, xa que cada eslabón representa a un de nós aguantando e facendo a máxima forza para que non derrumben as nosas vivendas.
Fidiño