Non vamos a consentir que se nos intimide con este tipo de comentarios que non deixan de ser unha percepción moi particular e sesgada polo color político dos ollos que nos miran algúns ou algunhas. Esto non deixa de ser a consecuencia do interés que seguen a mostrar algunhas persoas de facer política co “Caso Lodeiro”. A esas persoas que manifestan de maneira infundade que o colectivo de Lodeiro está a utilizar políticamente “ese asunto”, queremos recordarlles que eso que eles chaman “este asunto” é por encima de todo unha situación inxusta na que nós non tivemos ningunha culpa, é a situación de vivir día a día coa incertidume de non saber si as nosas vivendas poden chegar a ser derrubadas nalgún momento. Pero, ¿qué se creen esos que aínda se ven no dereito de reprochar que nos manifestemos, que é máis importante para nós criticar a algún partido político que defender as nosas propias vivendas?
Nós non somos políticos e non temos que saldar contas con ninguén, somos cidadáns e cidadás que defendemos os noso dereito de ser protexidos pola Administración e non castigados por ésta e moito menos cando nós sí que non cometemos ningunha irregularidade á hora de comprar as nosas vivendas.
Algúns seguirán intentando manipular este tema políticamente, pero ahí estaremos o colectivo de Lodeiro para facer ver que a nosa reivindicación non vai nesa línea. Tamén queremos recordar que cando se lancen este tipo de opinión se expoña en qué momento e en qué lugar o grupo de afectados de Lodeiro como Asociación fixo uso da manipulación política para defender a súa causa.
Para rematar, queremos manifestar a nosa repulsa cara aquelas persoas que insisten en identificarnos con algún partido político e a través de eso manipular a unhos e outros.
O único que necesitamos é o apoio tanto das administracións, dos tribunais e da cidadanía en xeral e manter lonxe personaxes que tenten por en contra dun colectivo inocente a esa cidadanía na que confiamos que nos siga a apoiar.
Asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.