7 de mayo de 2009

Concentración e actividade lúdica o día 6 de maio


Un día máis estivemos reinvendicando o
noso dereito en contra da demolición dos nosos fogares. Esta vez a concentración foi de carácter lúdica donde participamos maiores e cativos todos misturados. A idea era plasmar a través da pintura os nosos sentimentos en relación ao caso que estamos a vivir. No tocante aos cativos a verdade é que deron un exemplo de participación cousa que non pasa cos maiores, xa que cada vez son menos os veciños que non se achegan as concentracións, pasando delas, como se fose algo alleo a eles , aínda que entendo aqueles que por razóns de traballo ou outro motivo non poideron asistir, e como é lóxico teñen todo o meu entendemento. Quixese aproveitar desde aquí a exortar a tódolos veciños e veciñas a participaren nas vindeiras concentracións. Lémbrense que a unión fai a forza. Esta forza está representada na pintura polas dúas montañas próximas aos nos fogares , e a unión polas cadeas, xa que cada eslabón representa a un de nós aguantando e facendo a máxima forza para que non derrumben as nosas vivendas.

Fidiño





















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.