Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro
Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
21 de mayo de 2013
12 de marzo de 2013
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA
A
Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca
ASEMBLEA ORDINARIA para o vindeiro día 23 DE MARZO 2013
ás 20:00 HORAS en primeira convocatoria e ás 20:30
H. en segunda convocatoria, na SALA DE REUNIÓNS DA
MINIRESIDENCIA INMACULADA NIÑA (antigo Colexio Cristo Rey) cos
seguintes puntos na Orde do día:
1.-
Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.-
Estado de Contas.
3.-
Situación actual dos edificios despois de dictarse o auto xudicial
de 19 de decembro de 2012 con resolución de imposibilidade legal de
execución da sentenza de derribo.
4.-
Rogos e preguntas.
A
continuación terá lugar unha ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
cun único punto na orde do día:
1.-
Presentación de candidaturas e renovación de todos os membros da
Xunta Directiva da Asociación xa que a actual xunta directiva non
vai a presentar a súa candidatura.
En
Viveiro a 5 de marzo de 2013
7 de febrero de 2013
6 de febrero de 2013
CONVOCATORIA DA ÚLTIMA CONCENTRACIÓN
A asociación de veciñ@s O Lodeiro invita aos/as cidadáns/as,
que durante 4 anos asistiron ás concentracións que se realizaban na Praza de
Pastor Díaz de Viveiro todos os primeiros mércores de cada mes, a concentrarse
por última vez o 6 de febreiro ás 20 horas no mesmo lugar que pisaron as 48
veces precedentes, para celebrar o triunfo legal da inexecución de derriba que
pesaba sobre as nosas vivendas dende hai algo máis de 9 anos.
A todos/as aqueles/as que durante este tempo soportaron a
inxustiza, os intentos de manipulación, a indiferenza, a insolidariedade, a
mentira e a soidade, e se enfrontaron a ela coa perseveranza, a xustiza e a
razón de estar exercendo o dereito de visualizar mércores a mércores a súa
protesta, con choiva, con sol , con frío, con calor, para demandar unha
solución a un problema creado no oscurantismo e a irresponsabilidade , a todos
e todas, queremos dicirlles ese día:
Grazas polos vosos ollos, as vosas palabras, os vosos silencios enxordecedores,
grazas pola vosa dignidade, pola perseveranza, grazas por non mirar para outro
lado, por arrimar o ombreiro , por ensinarlles aos vosos fillos e fillas a ler
nas páxinas da memoria que cos vosos actos, désteslles o exemplo do cidadán da
pé para reivindicar o dereito da xustiza e a razón na rúa, onde todos podemos
ver a verdade de todos, e tamén, ensinásteslles que o dereito e a xustiza non
se regala, tense e exércese por riba dos que queren facerche ver o contrario
dende o poder e a manipulación. Non esquecerán o que non se ensina nas escolas
e sí na educación de quen quere para eles e elas un mundo mellor e máis xusto.
Por todo isto, este mércores 6 de febreiro ás 8 da tarde na
Praza Pastor Díaz de Viveiro brindaremos e oiremos o son do triunfo de cidadás
e cidadáns libres que exerceron o seu dereito pacífico a pedir que se fixese
xustiza
DÍA: MÉRCORES 6 DE FEBREIRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20:00 HORAS
Nota: Se por motivos metereolóxicos non se puidese levar a
cabo na praza, trasladaríamos ó Salón Multiusos do Concello.
Fotografías: Pepa Losada e Xaime F. Ramallal
12 de enero de 2013
3 de enero de 2013
2 de enero de 2013
1 de enero de 2013
31 de diciembre de 2012
30 de diciembre de 2012
29 de diciembre de 2012
Comunicado da Asociación de Veciños o Lodeiro
A Asociación
de Veciños e Veciñas O Lodeiro queremos facer público o noso sentimento de
satisfacción e alegría despois de terse coñecido a resolución de inexecución da
sentenza de demolición das nosas vivendas, resolución dictada a través dun auto
do TSXG con data de dezanove de decembro de dous mil doce. Esta é a primeira
boa noticia nun longo proceso xudicial que comezou no ano 2003 cunha sentenza
do TSXG que ordenaba a demolición das nosas vivendas. Queremos incidir en que este auto do Tribunal, coñecido nestas
últimas horas, non é unha resolución definitiva e polo tanto queremos ser
cautos na expresión da nosa alegría. Foron moitos anos de incerteza e de
sufrimento e quizá sexan esas vivenzas as que agora nos incitan a manternos
sereos aínda que non nos impidan ver que é unha primeira batalla ganada.
Queremos
aproveitar este momento para agradecer unha vez máis ó equipo de goberno do
concello de Viveiro, tanto na lexislatura actual como nas dúas anteriores, a
axuda proporcionada a esta asociación
tanto á hora de facilitarnos toda a información e documentación solicitada sobre
o “caso Lodeiro” como á hora de realizar todas as xestións administrativas e
xudiciais requeridas en cada momento para chegar a unha resolución positiva.
Tamén queremos reseñar e, por suposto, agradecer
a Melchor Roel o feito de non ter asinado a orde de derribo das nosas vivendas
cando o Tribunal llo requeríu, aínda a costa de ser sancioado en reiteradas
ocasións por este motivo.
Así mesmo, non
queremos esquecer a boa disposición da Xunta de Galicia, concretamente do
Conselleiro de Territorio e Infraestructuras e a secretaria Xeral de Urbanismo,
para reunirse con nós naquelas ocasións que así o requerimos con obxecto de
clarificar determinadas cuestións aínda que tamén quedou claro naquelas
reunións que unha problemática xudicializada como era o noso caso xa non tiña
outra vía de solución máis que a estrictament xudicial.
E para
finalizar, reiterar unha vez máis a nosa satisfacción de que finalmente se
aplicase a xustiza e que, aínda que en
moitas ocasións durante este longo proceso chegamos a dubidar da existencia
real dun Estado de Dereito, creemos que
autos xudiciais como o que acabamos de coñecer resolvendo a favor dos
inxustamente tratados fan que sigamos confiando en que a xustiza chega aínda
que tarde anos.
Convocatoria de concentración e asemblea extraordinaria
A Asociación
de veciños e veciñas O Lodeiro invita a
todos os veciños de Viveiro a que participen na concentración que terá lugar o
día 2 de xaneiro de 2013 e que nesta
ocasión será máis de celebración que de protesta. Recordamos que terá lugar,
como sempre, na Praza Pastor Díaz de Viveiro ás 19:00 horas. Neste acto
realizaremos unha solta de 48 globos luminosos que simbolizarán o número de
meses que nos levamos concentrando.
Tamén
aproveitamos para comunicar que antes da concentración terá lugar unha asemblea
extraordinaria da Asociación dos Veciños e Veciñas O Lodeiro ás 17:30 h en
primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria. Esta asemblea terá
como único punto na súa orde do día a información
sobre o auto xudicial con resolución de
inexecución e celebrarase no Centro Inmaculada Niña (antiguo Cristo Rey)
28 de diciembre de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)