Benvido á páxina da asociación de veciños e veciñas de O Lodeiro. Lugar para compartir en liberdade ideas, proxectos defender intereses ou calquer actividade que teñamos en común. Bienvenido a la página de la asociación de vecinos y vecinas de O Lodeiro. Lugar para compartir en libertad ideas, proyectos defender intereses o cualquier actividad que tengamos en común.
3 de agosto de 2011
1 de agosto de 2011
CONVOCATORIA
O vindeiro mércores día 3 de agosto ás 20:00 horas temos una nova cita na PRAZA PASTOR DÍAZ de Viveiro para seguir manifestando publicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA.
Non deixaremos que se esqueza a situación na que nos atopamos os veciñ@s de Lodeiro e Río dos Foles, que levamos case oito anos pendentes da setenza de demolición que pesa sobre as nosas vivendas.
¡ É IMPORTANTE QUE NOS VEXAN COMO UN COLECTIVO E CONSCIENTES DA GRAVEDADE DO NOSO PROBLEMA!
Recordamos ademais ós asociados que está convocada unha asemblea extraordinaria da Asociación ás 21:00 horas en primeira convocatoria. Non faltedes.
21 de julio de 2011
Una vez más los vecin@s de Lodeiro y Río dos Foles nos concentramos en la Plaza para manifestarnos y expresar nuestra INDIGNACIÓN. Una indignación que no es nueva, llevamos indignados casi ocho años, desde que se nos dio a conocer a través de la prensa que sobre nuestros hogares pesa una orden de derribo.
Llevamos tiempo TOMANDO LA PLAZA una vez al mes para que nuestra situación no caiga en el olvido y para proclamar a los cuatro vientos que nosotros somos VÍCTIMAS INOCENTES, que los propietarios de las viviendas no cometimos ninguna ilegalidad pero somos los que estamos sufriendo las consecuencias.
Vivimos cada día pendientes de unas resoluciones judiciales y, aunque lo hacemos con la esperanza de que todo este asunto se solucione de la mejor manera posible no pasa un día en que no sintamos que se nos está privando de nuestros derechos.
SOMOS INOCENTES
ESTAMOS INDIGNADOS
SOLUCIÓN XA!!!!
20 de julio de 2011
17 de julio de 2011
16 de julio de 2011
CONVOCATORIA
O vindeiro mércores día 20 de XULLO ás 20:00 horas temos una nova cita na PRAZA PASTOR DÍAZ de Viveiro para seguir manifestando publicamente a nosa INDIGNACIÓN e a nosa INOCENCIA.
Non deixaremos que se esqueza a situación na que nos atopamos os veciñ@s de Lodeiro e Río dos Foles, que levamos case oito anos pendentes da setenza de demolición que pesa sobre as nosas vivendas.
¡ É IMPORTANTE QUE NOS VEXAN COMO UN COLECTIVO E CONSCIENTES DA GRAVEDADE DO NOSO PROBLEMA!
Por iso ¡ACUDIDE! e levade pancartas, chalecos refrectantes ou calquera outro distintivo para chamar a atención.
CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA
A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca unha Asamblea Extraordinaria para o vindeiro día 3 de agosto de 2011 ás 21:00 horas en primeira convocatoria e ás 21:·30 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Mini Residencia de Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey- soportais onde se atopa Caixa Galicia) cos seguintes puntos na Orde do día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2.- Situación actual do Caso Lodeiro .
3.- Rogos e preguntas.
En Viveiro a 15 de xullo de 2011
A Presidenta
Mª Teresa Aguirre Ramos
12 de julio de 2011
8 de julio de 2011
6 de julio de 2011
4 de julio de 2011
NOTA INFORMATIVA
A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro comunica que a concentración prevista para o mércores día 6 de xullo se pospón ata o día 20 do mesmo mes, a petición de diversos veciños que participan habitualmente nas concentracions mensuais e que por diferentes motivos non se atopan en Viveiro nesas datas e polo tanto non poderían participar na concentración de xullo. Deste xeito tamén posibilitamos que aqueles propietarios de vivendas que residen fóra podan participar xa que nesas datas se atopan neste municipio disfrutando das súas vacacións.
21 de junio de 2011
5 de junio de 2011
4 de junio de 2011
2 de junio de 2011
16 de mayo de 2011
CARTA ÓS CANDIDATOS Á ALCALDÍA DE VIVEIRO
Sr. …
Candidato á Alcaldía de Viveiro
Viveiro, maio de 2011.
Ante a proximidade das eleccións municipais, queremos facer chegar ós políticos que concorren nelas como candidatos á Alcaldía de Viveiro as nosas inquietudes e preocupacións.
Como xa é sabido, a Asociación de veciñ@s O Lodeiro agrupa a veciños e veciñas afectadas pola sentenza do TSXG de 2003, que ordena a demolición dos edificios situados nas rúas Lodeiro e Río dos Foles ós que lles foron anuladas as licencias de construcción pola dita sentenza.
Non imos entrar na polémica que suscita cuantificar o número de afectados, en primeiro lugar porque nesta Asociación estamos seguros de que, independentemente da consideración final do Tribunal (que é o que ten a última palabra), respecto do número de licenzas anuladas, os que alí vivimos coñecemos a estructura deste conxunto e sabemos mellor que ninguén que é un todo, con comunicacións e zonas comúns que fan del unha unidade. En segundo lugar, pensamos que non vale a pena entrar nesta consideración numérica porque na última instancia afectar afectaranos a todo veciño e veciña de Viveiro, tanto máis se a resolución final do TSXG chegara ser a execución da sentenza. Esperamos polo noso ben e o de todo Viveiro que non sexa así.
Como colectivo levamos máis de dous anos proclamando a nosa inocencia e protestando na rúa pola situación na que nos atopamos. Unha situación que ten a súa orixe nunha demanda do ano 99 que non se deu a coñecer no seu día, nin ós veciños e veciñas que xa tiñamos mercada a nosa vivenda naquel momento (e que eramos parte interesada ós efectos xudiciais), nin ó público en xeral, o que nos deixou totalmente indefensos ademais de permitir que se seguira construindo e vendendo pisos e, polo tanto, xerando máis vítimas, a pesar dos requerimentos ó Concello e á promotora. Porque o certo é que si se soubese daquela… habíalle costar caro á promotora vender os pisos e locais comerciais con semellante carga!!!
Hoxe aínda seguimos agardando pola resolución do Tribunal, pendentes de si os nosos fogares van ser ou non destruidos pola piqueta, co conseguinte deterioro do noso ánimo e a agunstia e o estrés que provocan a incerteza que levamos soportando durante case oito anos, dende a publicación da sentenza. Neste sentido o que menos nos interesa escoitar son aquelas afirmacións que pretendan confundir ós veciños afectados directamente e ós demais veciños de Viveiro insinuando que o destino das nosas vivendas depende dalgún xeito dos políticos.
Nos sabemos que a decisión está dende hai moito tempo nas mans dos tribunais e que, se ben as xestións administrativas que atá agora se fixeron cara á legalización dos edificios eran imprescindibles, non serán nada se ó final a resolución xudicial non fose a inexecución da setenza.
Cando un se enfronta a un problema desta magnitude, moitas e moi serias son as cuestións que se ten que plantexar. Por exemplo: poderíase ter evitado esta situación?; na cuestión das indemnizacións en caso demolición, cando, canto e de quen as recibiríamos? ; quen velaría polos nosos intereses cando na última instancia o Concello, que é o demandado xunto coa promotora, tivera que defenderse a si mesmo das nosas reclamacións? …un tema peliagudo coa situación pecuniaria actual do noso Concello e coa crise económica que estamos a vivir. Da medo pensalo.
Como vítimas que somos reclamamos en primeiro lugar un recoñecemento da situación de inxustiza dos afectados e afectadas. Nós mercamos as nosas vivendas respectando todos os requisitos legais, polo tanto é imprescindible a promoción de iniciativas dirixidas non só a restablecer a situación de dereito que tiñamos no momento da compra senón tamén a implantación de medidas dirixidas a impedir que situacións como a nósa volvan acontecer. E, neste punto, si que os políticos teñen un gran campo donde arar.
Os veciñ@s do Lodeiro pedimos vontade política para salvagardar os intereses dos veciños e veciñas de Viveiro e para que ninguén pase polas circunstancias que nós estamos padecendo.
Nos seguintes puntos concretamos algúns aspectos que agardamos lles sirvan como referencia das urxentes e necesarias reformas para impedir que máis vítimas inocentes sufran pola xestión inaxeitada das Administracións.
1- Que o concello, sexa do signo político que sexa, se comprometa nos casos de denuncia urbanística, a rexistrar as demandas que afecten ós veciños e veciñas como posibles compradores para que estes, antes de realizar calquera compra de propiedade, saiban en todo momento o que están mercando.
2- Do mesmo xeito , que se realicen as xestións pertinentes cas cúpulas dos seus partidos para que, dalgún xeito , os xulgados teñan o deber automático de rexistrar calquera demanda que afecta á propiedade no Rexistro, co fín de que todo o mundo coñeza a situación da mesma no momento de ser mercada.
3- Que se comprometan entre todos a velar polo desenvolvemento urbanístico dun xeito racional e sostible, para non sufrir os continuos sobresaltos de ilegalidades derivadas da falta dun plan urbanístico que manteña os principios de respecto ca vida dos cidadáns e os seus costumes, e velen por unha estética que faga do noso entorno, tanto interno como externo, un lugar agradable para vivir.
4- Que en caso de cometer algún delito de neglixencia destas características, quen o cometa, sexa político, técnico ou cidadán, sexa levado ante a xustiza ordinaria sen ningún tipo de amparo ou triquiñuela política. Que nos casos que quedan por resolver, promovan leis que axilicen as indemnizacións en caso de demolición, e que non se dilate no tempo ni queden en suspenso como sucede actualmente.
5- Do mesmo xeito, comprometerse a protexer ós/ás veciñas/os, que en caso de ser derribadas as súas vivendas por neglixencia política ou administrativa, amparen ós/ás mesmos/as, non só ofertando lugares temporais senon tamén protexendo os seus dereitos adquiridos legalmente por una compra absolutamente legal, tanto no que respecta adquirir una nova vivenda como ó pago da mesma.
6- Que promovan leis que axusten as hipotecas ás novas condicións do cidadán (derribo da súa vivenda), para non verse inmerso no pago dunha vivenda inexistente, como sucede na actualidade.
7- Que todas estas condicións rixan tanto para as vivendas unifamiliares como para as colectivas, para non deixar indefenso nin a un so cidadán máis.
Estas peticións farémolas públicas e velaremos todos os días para que quen se comprometa en periodo electoral, o cumpra no seu goberno.
A Xunta Directiva da Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)