29 de diciembre de 2012

Comunicado da Asociación de Veciños o Lodeiro


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro queremos facer público o noso sentimento de satisfacción e alegría despois de terse coñecido a resolución de inexecución da sentenza de demolición das nosas vivendas, resolución dictada a través dun auto do TSXG con data de dezanove de decembro de dous mil doce. Esta é a primeira boa noticia nun longo proceso xudicial que comezou no ano 2003 cunha sentenza do TSXG que ordenaba a demolición das nosas vivendas. Queremos incidir en  que este auto do Tribunal, coñecido nestas últimas horas, non é unha resolución definitiva e polo tanto queremos ser cautos na expresión da nosa alegría. Foron moitos anos de incerteza e de sufrimento e quizá sexan esas vivenzas as que agora nos incitan a manternos sereos aínda que non nos impidan ver que é unha primeira batalla ganada.
Queremos aproveitar este momento para agradecer unha vez máis ó equipo de goberno do concello de Viveiro, tanto na lexislatura actual como nas dúas anteriores, a axuda  proporcionada a esta asociación tanto á hora de facilitarnos toda a información e documentación solicitada sobre o “caso Lodeiro” como á hora de realizar todas as xestións administrativas e xudiciais requeridas en cada momento para chegar a unha resolución positiva. Tamén queremos reseñar e, por suposto,  agradecer a Melchor Roel o feito de non ter asinado a orde de derribo das nosas vivendas cando o Tribunal llo requeríu, aínda a costa de ser sancioado en reiteradas ocasións por este motivo.
Así mesmo, non queremos esquecer a boa disposición da Xunta de Galicia, concretamente do Conselleiro de Territorio e Infraestructuras e a secretaria Xeral de Urbanismo, para reunirse con nós naquelas ocasións que así o requerimos con obxecto de clarificar determinadas cuestións aínda que tamén quedou claro naquelas reunións que unha problemática xudicializada como era o noso caso xa non tiña outra vía de solución máis que a estrictament xudicial.
E para finalizar, reiterar unha vez máis a nosa satisfacción de que finalmente se aplicase a xustiza e que,  aínda que en moitas ocasións durante este longo proceso chegamos a dubidar da existencia real dun Estado de Dereito,  creemos que autos xudiciais como o que acabamos de coñecer resolvendo a favor dos inxustamente tratados fan que sigamos confiando en que a xustiza chega aínda que tarde anos.

Convocatoria de concentración e asemblea extraordinaria



A Asociación de veciños e veciñas O Lodeiro invita  a todos os veciños de Viveiro a que participen na concentración que terá lugar o día  2 de xaneiro de 2013 e que nesta ocasión será máis de celebración que de protesta. Recordamos que terá lugar, como sempre, na Praza Pastor Díaz de Viveiro ás 19:00 horas. Neste acto realizaremos unha solta de 48 globos luminosos que simbolizarán o número de meses que nos levamos concentrando.
Tamén aproveitamos para comunicar que antes da concentración terá lugar unha asemblea extraordinaria da Asociación dos Veciños e Veciñas O Lodeiro ás 17:30 h en primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria. Esta asemblea terá como único punto na súa orde do día  a información sobre o auto xudicial con  resolución de inexecución e celebrarase no Centro Inmaculada Niña (antiguo Cristo Rey)

Nova da Voz de Galicia

Roel ve fundamentos para que la sentencia de Lodeiro sea firme

Nova de El Progreso


4 de diciembre de 2012

Convocatoria concentración

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 5 de decembro ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro. Con esta manifestación queremos seguir reclamando, despois de nove anos de incerteza sobre o futuro das nosas vivendas, unha solución xusta para a situación que estamos a vivir 118 familias sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición que a día de hoxe segue sen estar resolta. Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e baixos comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento. LODEIRO SOLUCIÓN XA!!! DÍA: 5 DE DECEMBRO de 2012 LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ HORA: 19 HORAS.