29 de julio de 2012

CONVOCATORIA


A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o  día 1 de agosto  ás  20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos, unha vez máis, protestar pola situación  na que nos atopamos vivindo día a día  pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.

                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 1  DE AGOSTO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 20:00 HORAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.