30 de junio de 2012

CONFERENCIA



O vindeiro día 6 de xullo de 2012 terá lugar a segunda conferencia sobre urbanismo organizada dende a Asociación de Veciños e Veciñas de Viveiro. Esta conferencia, que leva por título Urbanismo: “O caso de Viveiro”, enmárcanse no Proxecto de actividades que leva por nome “As realidades urbanas” para o cal se solicitou unha subvención á Deputación Provincial de Lugo. Nesta segunda conferencia tratarase o tema das distintas problemáticas xudiciais que se están producindo a nivel urbanístico empregando como exemplo o caso de Viveiro.
O obxectivo destas conferencias é prioritariamente o de facer chegar información básica sobre aspectos relacionados co urbanismo e máis concretamente sobre aquelas construccións sobre as que pesa unha sentenza de demolición co fin de que todo cidadán e cidadá adquira un nivel de información e formación básica sobre esta materia que o faga sentirse máis seguro ante as neglixencias e incluso delitos nos que pode chegar a incurrir unha administración, tanto local como autonómica, en materia urbanística.  Con estas conferencias coloquio queremos ademáis contribuir a  evitar que se volvan a repetir situacións como as que nos está tocando vivir ós veciños e veciñas de Lodeiro que compramos unha vivenda coa confianza de que era unha construcción legal, xa que nós sí que cumprimos todos os requisitos legais para adquisición da mesma,   e pasados os anos nos atopamos con que as nosas casas están pendentes dunha orde de derribo ordenada polos tribunais como consecuencia da anulación de licencias otorgadas ilegalmente pola corporación local que gorbernaba naquel momento. Queremos tamén que estas conferencias sirvan de espacio de debate sobre as necesidades de que se realicen modificacións lexislativas, de que se esixan responsabilidades patrimoniais, de que se establezan mecanismos para a satisfacción de indemnizacións dos danos derivados da demolición antes de que se materialice o derribo e calquer outro aspecto que resulte de interés ós asistentes.
Os ponentes serán os mesmos que na 1ª conferencia:
-    JAIME CONCHEIRO DEL RÍO Rexistrador da Propiedade
-    CARLOS SEOANE DOMÍNGUEZ Socio Director do  Bufete  Concheiro e Seoane Avogados
-  ALMUDENA VÁZQUEZ VILARIÑO. Avogada Senior do Bufete Concheiro e Seoane Avogados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.