O vindeiro día
6 de xullo de 2012 terá lugar a
segunda conferencia sobre urbanismo organizada dende a Asociación de Veciños e
Veciñas de Viveiro. Esta conferencia, que leva por título Urbanismo: “O caso de Viveiro”, enmárcanse no Proxecto de
actividades que leva por nome “As
realidades urbanas” para o cal se solicitou unha subvención á Deputación
Provincial de Lugo. Nesta segunda conferencia tratarase o tema das distintas
problemáticas xudiciais que se están producindo a nivel urbanístico empregando
como exemplo o caso de Viveiro.
O obxectivo
destas conferencias é prioritariamente o de facer chegar información básica
sobre aspectos relacionados co urbanismo e máis concretamente sobre aquelas
construccións sobre as que pesa unha sentenza de demolición co fin de que todo
cidadán e cidadá adquira un nivel de información e formación básica sobre esta
materia que o faga sentirse máis seguro ante as neglixencias e incluso delitos
nos que pode chegar a incurrir unha administración, tanto local como autonómica,
en materia urbanística. Con estas
conferencias coloquio queremos ademáis contribuir a evitar que se volvan a repetir situacións como
as que nos está tocando vivir ós veciños e veciñas de Lodeiro que compramos
unha vivenda coa confianza de que era unha construcción legal, xa que nós sí
que cumprimos todos os requisitos legais para adquisición da mesma, e
pasados os anos nos atopamos con que as nosas casas están pendentes dunha orde
de derribo ordenada polos tribunais como consecuencia da anulación de licencias
otorgadas ilegalmente pola corporación local que gorbernaba naquel momento.
Queremos tamén que estas conferencias sirvan de espacio de debate sobre as
necesidades de que se realicen modificacións lexislativas, de que se esixan
responsabilidades patrimoniais, de que se establezan mecanismos para a
satisfacción de indemnizacións dos danos derivados da demolición antes de que
se materialice o derribo e calquer outro aspecto que resulte de interés ós
asistentes.
Os ponentes
serán os mesmos que na 1ª conferencia:
- JAIME CONCHEIRO DEL RÍO Rexistrador da
Propiedade
- CARLOS SEOANE DOMÍNGUEZ Socio Director do Bufete
Concheiro e Seoane Avogados
- ALMUDENA VÁZQUEZ VILARIÑO. Avogada Senior do
Bufete Concheiro e Seoane Avogados