A Asociación de Veciños e Veciñas O
Lodeiro convoca, como cada primeiro mércoles de mes, unha concentración para o día 2
de MAIO ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Coa nosa presencia na praza queremos,
unha vez máis, protestar pola situación
na que nos atopamos vivindo día a día
pendentes dunha resolución xudicial e coa incerteza sobre o futuro das
nosas vivendas .
Queremos ademais lembrar a toda a
cidadanía que os propietarios dos pisos e locais comerciais dos edificios
afectados somos cidadáns inocentes que estamos sufrindo directamente as
consecuencias duns actos dos que nós non tivemos coñecemento.
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 2 DE MAIO DE 2012
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.