Dous anos despois da nosa primeira concentración, o 2 de Febreiro do 2011, os/as veciños/as de Lodeiro estaremos un vez máis na Praza de Pastor Díaz de Viveiro para denunciar a INXUSTIZA que soportamos por un conflito do que somos VÍTIMAS INOCENTES.
Porque o noso día a día, sufrindo minuto a minuto, segundo a segundo, non é froito dunha dramatización, e si dunha realidade que non deixa realizar a nosa vida ca tranquilidade de calquera cidadán que poda sentirse libre xa que, dende hai más de sete anos, o noso tempo, o noso patrimonio e mesmo a nosa vida están ENCADEADOS.
Manifestámonos todos os primeiros mércores de cada mes como única posibilidade de ser VISIBLES ante todos os cidadáns, lembrándolles que un bo día calquera pode verse coma nós: atrapado nunha situación de indefensión e inxustiza sen ter feito nada fora da legalidade.
Nesta ocasión quixeramos, si cabe, deixar máis constancia da nosa presenza durante tantos segundos, minutos, horas, días e anos, colocando sobre a Praza de Pastor Díaz pequenas pegadas de barro dun pé noso, ou de quén queira solidarizarse con nós, de un tamaño de ladrillo para intentar formar o lema que vimos empregando nas nosas concentracións:
LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!
DÍA: 2 de FEBREIRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.