28 de febrero de 2011

CONVOCATORIA CONCENTACIÓN

Un mes máis repetimos as nosas protestas como vimos facendo desde hai dos anos e, unha vez máis, estaremos na Praza Pastor Díaz pedindo xustiza e proclamando a nosa inocencia.
Deixaremos as nosas pegadas nesa praza que nos acolle cada primeiro mércoles de mes ante as miradas, ¡tantas veces impasibles!, dos que nos miran ó pasar.

Que miren!
Que nos vexan!
Que se sumen a nós!


                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 3 DE MARZO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.




27 de febrero de 2011

CONVOCATORIA ASEMBLEA ORDINARIA

A Xunta Directiva da Asociación de Veciñ@s O Lodeiro, convoca Asemblea Ordinaria para o vindeiro día 12 de marzo de 2011 ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 h. en segunda convocatoria, na Sala de Reunións da Miniresidencia Inmaculada Niña (antigo Colexio Cristo Rey) cos seguintes puntos na Orde do día:


1.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Estado de Contas.
3.- Información do estado actual dos oito edificios afectados pola sentencia de derribo
4.- Medidas de actuación en meses vindeiros. Propostas dos asociados
4.- Presentación de candidaturas para a renovación da metade da xunta directiva.
5.- Rogos e preguntas.

En Viveiro a 26 de febreiro de 2011
A Presidenta
 Mª Teresa Aguirre Ramos

10 de febrero de 2011

DENDE O LODEIRO

Hai dous anos  que un grupo de veciños /as do Lodeiro, decatámonos de que unha das poucas saídas que nos quedaban para loitar pola  nosa vivenda era xuntarnos nunha asociación e reivindicar na rúa o noso dereito legal a que esta,  se nos devolvese no mesmo estado de legalidade na que a mercamos. Despois   de saber  pola prensa que a nosa casa ia ser  derrubada por orde xudicial a raíz dunha demanda interposta por un veciño  ó  que  a  xustiza  dáballe  a  razón  nas  súas  pretensións,    dende  a  perspectiva  de  un  cidadán  da  pé,  a dimensión  da  noticia  solo  cobra  corpo,  no  tempo  que  vai  pasando  e  no  silenzo    treboento  das    instancias públicas , para darnos conta que un “ irresponsable político “ amparado en leis de desamparo para os cidadáns, decidiu  nun  intre  sobre  as  nosas  vidas,  no  xeito  irresponsable,  caciquil  e  de  incapacidade  para    facer  política democrática.    Zarandeado  polas  urnas  que  o  afastaron  dun poder  que  parecía  máis  de  prácticas  rexias  que democráticas, encarou o problema mirando para outro lado ao votarlle a culpa  a quén,  nese momento, foraelixido  democraticamente.    As  persoas  honradas  ,  como  calquera  ser  humano  moral,  cando  se  equivoca,  o menos  que  pode  facer  é  recoñecelo  e  clarexar  diante  dos  veciños  afectados,  a  súa  actuación  de  boa  fe  nos feitos, si é que esta fose realizada con esa intención. Evidentemente nunca foi así, e non contento con utilizar á administración  pública  para  fins  que  a  min  se  me  escapan,  porque  o  meu  mundo  é  máis  terreal  e  sinxelo, intentou manipular a veciños/as con argumentos nada democráticos, pero sí na insistencia personalista de dicir que  “  si  non  perdese  as  eleccións,  iso  xa  o  tiña  amañado”,  ou  máis  adiante  que    “iso  o  amañaba  el  “ seguramente porque xa tiña ós amigos en Santiago. Sexa como fose, o que eu aínda non entendo  é o porqué se tiña que amañar algo que no seu concepto era legal, e todos nós cumpríramos cos requisitos legais pertinentes. Si  todo  fora  verdade  e  normal,  houbera  pasado  algo?,  houbera  intervido  a  xustiza  ?,  habería  unha  condena coma a existente ?  Son tan puerís as preguntas como sinxelas as respostas. Nun estado de dereito supoñemos que  a  xustiza  actúa  sobre  dereito,  e  a  nosa  condena,(  kafkianamente  sen  ser  condenados)  era   quedar  sen  o noso fogar, e máis grave, sen poder defender a aldraxe por a vía xurídica pertinente.

Fai máis de dous anos disto, e todo ese tempo na que a ameaza foi sendo cada dia máis abafante,  a
asociación de veciños/as do Lodeiro, foi o pano de lágrimas para intentar dar unha resposta dentro dos límites da legalidade ( aínda que pola cabeza se nos pasasen accións persoais máis contundentes, pero  seguramente menos  intelixentes)  a  tódolos  despropósitos  cometidos  pola  acción  política  dun  gobernante  incompetente. Os/as  veciños/as  que  emprendemos  este  camiño,  entendemos  que  deste  xeito  nos  quedaba  unha  pequena  posibilidade  para  concienciar  ás  instancias  políticas  superiores  e  á  cidadanía  en  xeral  ,  ó  desamparo  e indefensión ó que aínda nos están sometendo .

Non  tódolos  veciños  estamos  dando  a  cara  neste  conflito,  e  diso  somos  conscientes  para  asumir  as
desculpas daqueles cidadáns que poñen o pero de non ir ás manifestacións xa que hai veciños implicados que non o fan. Cada un elixe o seu proceder,  o sentido moral da vida é individual, teño claro persoalmente que me teño  manifestado  pola  educación,  a  sanidade,  o  aldraxe  ós  dereitos  humanos,  por  poñer exemplos,  sen preguntarlle a un pai,a un enfermo, ou a un parado por que non ían eles.

Quero felicitar de corazón os/as veciños de Lodeiro que compartimos pancarta cada primeiro mércoresde mes dende fai dous anos, por non deixarse manipular,  por abandoar o seu tempo ó servizo da comunidade, por enfrontar con valentía as manipulacións de caciques sen escrúpulos, por soportar as inclemencias do tempo, para demostrarlles ós culpables da nosa situación que non se moverán da súa reivindicación para que agochen a cabeza cando os miren, pola dignidade e educación democrática que manteñen pese a ser desamparados pola propia  democracia,  por  a  postura  HEROICA  do  dia  a  dia, que  solo  eles/as coñecen,  por  manter  viva  a  luz  da xustiza  co  seu  proceder,  e  porque  grazas  a  eles,  aprendín  da  súa  xenerosidade,  do  seu  esforzo  e  da  súa humanidade.

Dous anos despois, seguimos a berrar máis forte se cabe:  LODEIRO SOLUCIÓN XA!
  
Pedro Cabarcos Quintela. Veciño de Viveiro en Lodeiro.

Nova da Voz de Galicia


Técnicos y ediles evaluarán el freno de la Xunta al plan urbanístico viveirense

1 de febrero de 2011

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN



Dous anos despois da nosa primeira concentración, o 2 de Febreiro do 2011, os/as veciños/as de Lodeiro estaremos un vez máis na Praza de Pastor Díaz de Viveiro para denunciar a INXUSTIZA  que soportamos por un conflito do que somos VÍTIMAS INOCENTES.
 Porque o noso día a día, sufrindo minuto a minuto, segundo a segundo, non é froito dunha dramatización, e si dunha realidade que non deixa realizar a nosa vida ca tranquilidade de calquera cidadán que poda sentirse libre xa que, dende hai más de sete anos, o noso tempo, o noso patrimonio e mesmo a nosa vida están ENCADEADOS.
Manifestámonos todos os primeiros mércores de cada mes como única posibilidade de ser VISIBLES ante todos os  cidadáns, lembrándolles que un bo día calquera pode verse coma nós: atrapado nunha situación  de indefensión e inxustiza sen ter feito nada fora da legalidade.
Nesta ocasión  quixeramos, si cabe, deixar máis constancia da nosa presenza durante tantos segundos, minutos, horas, días e anos, colocando sobre a Praza de Pastor Díaz pequenas pegadas de barro dun pé noso, ou de quén queira solidarizarse con nós, de un tamaño de ladrillo para intentar formar o lema que vimos empregando nas nosas concentracións:
                LODEIRO SOLUCIÓN XA!!!

DÍA: 2 de FEBREIRO
LUGAR: PRAZA PASTOR DÍAZ
HORA: 19 HORAS.