5 de mayo de 2010




O vindeiro mércores 5 de maio, volveremos a estar na Praza de Pastor Díaz de Viveiro, para seguir reclamando das administracións correspondentes, a pronta solución do noso conflito.
Cada tempo que transcorre entre cada presenza mensual nosa, na Praza de Viveiro, é como unha música perdida na nosa conciencia e sensibilidade. Esa música, que sabe espertar as sensacións máis diversas e que moitas veces nos da ánimo en calquer circunstancia da vida, é a que queremos escoitar nos nosos corazóns como ánimo para seguir reclamando a inxustiza que se comete e se agrava a cada paso de tempo que o noso conflito non se soluciona. Por iso durante os próximos meses pedimos a todos aqueles grupos, bandas, orquestas, etc de música de calquer lugar da Mariña, que nos acompañen en cada hora de cada mes, que sigamos esperando a solución do noso conflito.
Este mércores 5 de Maio, estaremos acompañados pola Blues Band de Burela, un grupo xoven que realiza un traballo excepcional a prol da música e que é capaz de entender , dada a súa sensibilidade, o que nos acontece como seres humanos inxustamente tratados dende hai máis de sete anos que dura o noso calvario. Queremos agradecer a este grupo de mozos/as o seu sentido da xustiza para ofrecernos  a súa música, mentres manifestamos unha vez máis a nosa xusta reclamación.
Por iso invitamos a tódolos/as veciños/as e xentes de ben a participar unha vez máis da nosa protesta acompañados esta vez polo son musical que nas súas notas fai máis alto as nosas voces reclamando a nosa solución. Esperamos tamén que máis grupos se sumen a esta iniciativa solidaria que non só é dos afectados concretos, senón que afecta a tódalas persoas que entendan de xustiza e solidariedade.
DÍA: Mércores 5 de maio
HORA: 7 da tarde
LUGAR: Praza Pastor Díaz de Viveiro.
A Blues Band de Burela acompañaranos na nosa manifestación mensual.
¡¡Quixéramos que fose a última!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.