31 de mayo de 2010

Convocatoria concentración



A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 2 de xuño ás 20:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
O motivo desta concentración, como en tódalas ocasións anteriores, é a de seguir reinvidicando xustiza para a situación que estamos a vivir 118 familias de Lodeiro e Ríos dos Foles sobre cuxas vivendas pesa unha sentenza de demolición e que a día de hoxe segue sen estar resolta.
Esta concentración, e con motivo da chegada do verán, realizarase unha hora máis tarde do horario habitual.
Queremos recordar a todo o mundo que despois de levar  máis dun ano reclamando xustiza para esta situación, seguimos vivindo día a día a incertidume de ver algún día o noso problema solucionado.
Invitamos a toda a cidadanía a que nos apoie nunha causa na que nós non cometimos ningún tipo de erro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.