A Asociación de veciñas e veciños de Lodeiro convoca este próximo mércores día 7 de Abril, na Praza Pastor Díaz ás 19 horas, unha nova concentración para reclamar a SOLUCIÓN DEFINITIVA do conflicto que afecta a 118 vivendas.
Despois de asistir á convocatoria de tódolos grupos políticos con representación no Concello de Viveiro, e na que se nos informou dos pasos que se están a dar de xeito " administrativo" e que como nos informaron camiñan na boa dirección, desexamos ca nosa presenza na Praza de Pastor Díaz respaldar esas acción, esperando que teñan a solución desexada para os nosos intereses.
Do mesmo xeito sabemos que isto non soluciona un conflito que ten como base fundamental " UNHA SENTENCIA XUDICIAL " que nos condena a seguir pendentes e expectantes sobre o derribo das nosas vivendas.
Por todo isto e mentres a solución de tódalas frontes abertas non sexan favorables ós nosos intereses legais e lexítimos seguiremos manifestando a nosa situación tódolos primeiros mércores de cada mes para seguir facendo visible unha situación que no tempo prolóngase demasiado , afectando o xeito de vivir de quén somos conscientes do que nos xogamos.
Neste caso e como recordatorio levaremos pancartas e carteis que lembren a todolos/as cidadanos/as de Viveiro e veciños en xeral o lema: " SON 118" que luciremos de xeito libre os que acudamos á concentración
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.