A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de marzo ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Xa hai máis de seis anos dende que se coñeceu a sentenza que ordena a demolición das nosas vivendas e levamos máis de un ano de concentracións para reclamar XUSTIZA E AMPARO tanto por parte das administracións como dos tribunais.
Nesta ocasión queremos facer chegar as nosas protestas a través do símbolo dunha plantación na que poñemos sementes nunha maceta. O tempo que transcorre sen que o noso problema se solucione está representado polas varas que sustentan a pranta, que cada vez son máis longas, e que veñen sendo a nosa firmeza e perseverancia na reclamación do noso dereito a que se faga xustiza con nos.
Os frutos que queremos recoller son a defensa dos dereitos duns cidadáns inocentes que somos, a protección que como tales esiximos, e a solidariedade que precisamos, sen as malas herbas da indiferencia por parte da nosa veciñanza, dos políticos que nos representan, e de todas aquelas instancias que teñen o deber de defendernos e protexernos.
ÚNETE A NOS: TRAE A TÚA MACETA, UNHA VARIÑA E O CARTEL COA TÚA SEMENTE:XUSTIZA, PROTECCIÓN, SOLIDARIEDADE, AMPARO…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.