26 de marzo de 2010

El ciclo de conferencias sobre el urbanismo que organiza la asociación de vecinos de Lodeiro afectados por una orden judicial de demolición es una muestra del dinamismo de este colectivo y del empeño que pone en tratar de que nunca vuelva a ocurrir algo como lo que les está pasando a ellos.  POR: ALBA CASTRO.

Estracto sacado de El progreso  do 26 marzo 2010

Nova de EL Progreso

El Concello convoca a Lodeiro a una reunión informativa

Nova da Voz de Galicia

Roel y los portavoces políticos citan a vecinos de Lodeiro

1 de marzo de 2010

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN

CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN

A Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro convoca, como cada primeiro mércores de mes , unha nova concentración para o día 3 de  marzo ás 19:00 horas na Praza Pastor Díaz de Viveiro.
Xa hai máis de seis anos dende que se coñeceu a sentenza que ordena  a demolición das nosas vivendas e levamos máis de un ano de concentracións para reclamar XUSTIZA E AMPARO tanto por parte das administracións como dos tribunais.
Nesta ocasión  queremos facer chegar as nosas protestas a través do símbolo dunha plantación na que poñemos sementes nunha maceta. O tempo que transcorre sen que o noso problema se solucione está representado polas varas que sustentan a pranta, que cada vez son máis longas, e que veñen sendo a nosa firmeza e perseverancia na reclamación do noso dereito a que se faga xustiza con nos.
Os frutos que queremos recoller son a defensa dos dereitos duns cidadáns inocentes que somos,  a protección  que como tales esiximos,  e a solidariedade que precisamos, sen as malas herbas da indiferencia por parte da nosa veciñanza, dos políticos que nos representan, e de todas aquelas instancias que teñen o deber de defendernos e protexernos.



ÚNETE A NOS: TRAE A TÚA MACETA, UNHA VARIÑA E O CARTEL COA TÚA SEMENTE:XUSTIZA, PROTECCIÓN, SOLIDARIEDADE, AMPARO…