3 de enero de 2010

Concentración para o 6 de xaneiro 2010



A Asociación de Veciños e veciñas O Lodeiro convoca, unha nova concentración para o día 6 de xaneiro de 2010 ás 7 da tarde, co motivo de seguir a denunciar a situación de absoluta inxustiza que estamos a vivir unhas persoas inocentes condenadas a quedar sen as súas vivendas despois de cumprir con todos os requisitos legais.
Nesta ocasión, e durante o transcurso da concentración na Praza Pastor Díaz, abriremos  unha “caixa de  regalo”. Este caixa conterá dúas cartas ós Reis Magos que simbolizan as nosas peticións de se faga xustiza durante o ano 2010 así como que se nos devolva o  dereito de poder dispor das nosas vivendas como un patrimonio que nos pertence e que a día de hoxe non temos. Dende a Asociación de Veciños e Veciñas O Lodeiro queremos recordar que vai xa un ano dende que empezamos a saír á rúa a manifestar a situación de indefensión á que nos vimos sometidos por un erro que nós non cometimos e polo que sin embargo estamos a ser os únicos castigados.
Cada primeiro mércores de mes e mentres este conflicto non se solucione seguiremos a concentrarnos e a manifestar a nosa indignación con unha situación inxusta que nos tocou vivir a pesar de ser absolutamente inocentes. Unha vez máis convidamos a todos os veciños e veciñas de Viveiro e da Mariña en xeral, así como a todas aquelas persoas que así o desexen, a que mostren o seu apoio a unha realidade de inxustiza social acudindo á Praza a concentrarse con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.